Elvira Gallegos Cerda, coñecida artisticamente como Elvira Ríos, nada o 16 de novembro de 1913 na Cidade de México e finada na mesma cidade o 13 de xaneiro de 1987, foi unha cantante mexicana.

Traxectorias Os seus meirande éxitos foron os boleros de Agustín Lara "Noche de ronda" e "Ausencia", que a converteron nunha estrela do espectáculo. Así mesmo, participou nalgúns filmes con directores coma John Ford.

Filmografía 1939: A dilixencia, de John Ford (sen acreditar). 1939: The Real Glory (sen acreditar). 1942: Ven... mi corazón te llama. 1948: El tango vuelve a París.

Véxase tamén

Ligazóns externas Noche de Ronda, interpretada pola artista

Categoría:Músicos de México Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Actores de cinema de México