Agir foi unha organización de estudantes de esquerda independentista. Unha organización que contou con presenza en distintas comarcas de Galiza.
Principios Agir defendeu un ensino público, en galego, non patriarcal, democrático e de calidade. Loitaba contra a privatización e por un ensino pensado para Galiza e en galego, en contra do machismo nas aulas. Estivo ligado a Nós-UP.
O órgano central e básico de Agir foron os distintos Comités de centro de cada facultade ou centro de secundaria no que tiñan presenza.
Disolución Tras actuaren conxuntamente durante dous anos con Comités e a Liga Estudantil Galega, en setembro de 2015, organizáronse unha Asembleas de base con idea de acadar unha confluencia entre as tres organizacións. Finalmente, nunha Asemblea Nacional Constituínte celebrada o 5 de marzo de 2016 no Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela, as tres organizacións estudantís acordaron a súa disolución e a creación dunha nova asociación estudantil nacionalista, tanto para o ensino secundario como para o universitario, chamada Erguer-Estudantes da Galiza.
Notas
Categoría:Independentismo galego Categoría:Asociacións de estudantes