miniatura|Igrexa da parroquia da Enfesta. A Enfesta era un antigo concello de Galiza pertencente a comarca de Compostela. Como moitos outros municipios galegos, creouse en 1836.

Etimoloxía O topónimo Enfesta é un orónimo que indica un terreo irregular con bastante pendente.

Historia e características O 14 de agosto de 1854, ao principio do Bienio Progresista, o Concello de Enfesta foi suprimido e integrado no de Santiago de Compostela. Foi nomeado no seu lugar un denominado alcalde de parroquia, cuxa responsabilidade abranguía toda a chamada «parroquia de Enfesta». Esta situación debeu durar pouco tempo.

O 29 de decembro de 1962, a entidade municipal foi suprimida e anexionada a Santiago de Compostela, sendo alcalde da capital galega Ángel José Porto Anido. O último rexedor municipal da Enfesta foi Manuel Balado, quen abandonou o cargo unha semana antes da anexión"A fronteira non divide o sentimento", artigo en La Voz de Galicia.

O concello da Enfesta estaba formado polas parroquias da Barciela, Berdía, Busto, O Carballal, Cesar, A Enfesta, Fecha, Grixoa, Marantes, Nemenzo, Sabugueira e Santa Cristina de Fecha

Poboación +Censo1842 1857 1860 1877 1887 1897 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 Poboación de Feito..420641894320415939204192426843324823587562995801Poboación de Dereito2939....4433441040344237470347685218609365036209Fogares61881581683498010331004104810801343109614141032

Notas

Véxase tamén Outros artigos Concello de Conxo Ligazóns externas Concello de Oroso - Guía histórica en imaxes

Categoría:Concellos desaparecidos da provincia da Coruña Categoría:Historia de Santiago de Compostela Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía