A dos vivérridos (Viverridae) é unha familia de mamíferos da orde dos carnívoros e suborde dos feliformes, que inclúe ás xenetas ou algarias e ás civetas.

Son de corpo pequeno, maiormente arbóreas.. Parécense aos gatos, mais teñen o fociño máis semellante ás mangostas. A súa lonxitude, excluíndo a súa longa cola, vai de 40 a 70 cm, e o seu peso oscila de 1 a 5 kg, con extremo nos manturóns de 13 kg. Coñécense 32 especies.

En Sri Lanka, as especies coñécense como "Kalawedda" pola comunidade de fala Sinhala. Aínda que moitos usan os termos "Uguduwa" e "Kalawedda" intercambiantes, aínda que "Uguduwa" refire á civeta palmeira máis que ao gato civeta. Os vivérridos son nativos dos trópicos do Vello Mundo, toda África, sur do Mediterráneo, Madagascar, e a Península Ibérica. Os seus mellores hábitats: terras inundables, sabanas, montañas e, sobre todo, selvas tropicais. En consecuencia, coa perda do hábitat; están sendo consideradas especies vulnerables.

Clasificación Subfamilia Hemigalinae Xénero Chrotogale Chrotogale owstoni Xénero Cynogale Cynogale bennettii Xénero Diplogale Diplogale hosei Xénero Hemigalus Hemigalus derbyanus Subfamilia Paradoxurinae Xénero Arctictis Arctictis binturong Xénero Arctogalidia Arctogalidia trivirgata Xénero Macrogalidia Macrogalidia musschenbroekii Xénero Paguma Paguma larvata Xénero Paradoxurus Paradoxurus hermaphroditus Paradoxurus zeylonensis Paradoxurus jerdoni Subfamilia Viverrinae Xénero Civettictis Civettictis civetta Xénero Genetta Genetta abyssinica Genetta angolensis Genetta cristata Genetta genetta Genetta johnstoni Genetta maculata Genetta servalina Genetta thierryi Genetta tigrina Genetta victoriae Xénero Osbornictis Osbornictis piscivora Xénero Poiana Poiana leightoni Poiana richardsoni Xénero Prionodon Prionodon linsang Prionodon pardicolor Xénero Viverra Viverra civettina Viverra megaspila Viverra tangalunga Viverra zibetha Xénero Viverricula Viverricula indica

Ligazóns externas

Genet: Wildlife summary from the African Wildlife Foundation BBC: 'New mammal' seen in Borneo University of Michigan's Animal Diversity Web page ITIS page The Straight Dope on Civet Cats