A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.
Territorio A diocese está situada na parte máis setentrional de Galicia. O seu territorio ten 4.425 km² e subdivídese en 424 parroquias agrupadas en 7 arciprestados, pertencentes a 27 concellos da provincia de Lugo e 13 da provincia da Coruña. A sé episcopal sitúase na cidade de Mondoñedo, onde está a catedral-basílica da Asunción. Na cidade de Ferrol encóntrase a segunda sé episcopal (Domus Ecclesiae), atopándose tamén a concatedral de San Xiao.
Historia miniatura|esquerda|Mapa da diocese de 1764 realizado por Joseph Cornide. miniatura|Domus Ecclesiae de Ferrol. A diocese de Bretoña ou Britonia fundouse no século VII, ocupando parte do territorio da arquidiocese de Lugo, da que foi sufragánea ao principio. Tras a chamada Reconquista, no século IX, a sé foi restablecida e levada a San Martiño de Mondoñedo.
En 1071 pasou a ser sufragánea da arquidiocese de Braga e o 27 de febreiro de 1120 convértese en sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No século XII a sé cambiou a Vilamaior e a finais do mesmo século pasou a Ribadeo, para volver, definitivamente de novo a Mondoñedo en 1219.
Os límites da diocese foron modificados co decreto da Sagrada Congregación Consistorial de 1954, executado en marzo do ano seguinte. Por unha banda, Mondoñedo perdeu tódolos exclaves, isto é, todo o arciprestado de Melide, incorporado ao bispado de Lugo, e as parroquias de Buría (ou Camariñas), Miño e Xornes, incorporadas ao de Santiago; por outra, gañou cinco parroquias procedentes do bispado de Oviedo mais que pertencían á provincia de Lugo (Viloudriz, Conforto, Bogo, Vilaboa e Vilarmide) e seis parroquias con cinco anexas procedentes da diocese lucense (Baamonde con San Martiño de Pacios, Carral con Uriz, O Castro con Bóveda, Santalla de Pena con Donalbai, San Vicente de Pena, e Virís con San Fiz de Cerdeiras).
O 19 de marzo de 1959 toma o nome actual.
Estatísticas
A finais de 2004 a diocese tiña 286.097 bautizados nunha poboación de 288.998 persoas, o que supón o 99 % do total.
anopoboaciónsacerdotesdiáconosrelixiososparroquias bautizados total % total clerosecular cleroregular bautizados porsacerdote homes mulleres 1950 320.750 321.400 99,8 387 345 42 828 66 174 401 1970 348.000 312 274 38 53 540 420 1980 325.900 327.000 99,7 319 294 25 1.021 33 476 421 1990 340.000 342.000 99,4 244 217 27 1.393 35 406 424 1999 355.000 360.000 98,6 227 209 18 1.563 23 302 424 2000 357.000 362.000 98,6 222 205 17 1.608 22 287 424 2001 358.000 364.000 98,4 223 209 14 1.605 21 296 420 2002 360.000 366.000 98,4 225 214 11 1.600 19 225 424 2003 298.073 301.095 99,0 200 183 17 1.490 35 258 426 2004 286.097 288.998 99,0 204 181 23 1.402 29 303 426
Bispos da diocese miniatura|300x300px|División eclesiástica de Galicia. Moitos dos seus arciprestados fan referencia a entidades étnicas prerromanas, como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos. Ao longo da súa historia, estes foron os bispos que tivo a diocese nas súas diferentes sedes:
Sé de Bretoña Maeloc (572) Metopio (633) Sonna (646–653) Susa (?-653-?) Bela (?-675-?)
Sé de San Martiño de Mondoñedo Sabarico I (866–877) Ruderico (contra o 900) Rosendo I (877–907) Sabarico II (907–925) Recaredo (923) Rosendo de Celanova (923–942) Airas Núñez (contra 948-958) Rodrigo (contra 958-968) Teodomiro (968-977) Airas Peláez (977-984) Armentario (985-1017) Suario I (1018–1022) Nuno I (1025–1029) Adulfo (¿?) Aloito (1038-1047) Suario II (1060–1067) Gonzalo Froilaz (1070–1112) Pedro I (1108-1112) Munio Afonso (1112–1136)En varias fontes nomeado Nuno Afonso, Nuño Adefonsiades e mesmo Nuño Alfonso.
Sé de Vilamaior Paio I (1136–1154) Pedro II (1155–1167) Joán Pérez (1170–1173) Rabinato (1177–1199)
Sé de Ribadeo Paio de Cebeira (1199–1218)
Sé de Mondoñedo Martiño (1219–1248) Joán II de Sebastiáns (1248–1261) Nuno II Pérez (1261–1286) Álvaro Gómez (1286–1297) Rodrigo Vázquez (1298–1318) Gonzalo (1319–1326) Joán III (1327–1329) Álvaro Pérez de Biezma (1326–1343) Vasco (1343–1346) Afonso Sánchez (1347–1366) Francisco I (1367–1393) Lope de Mendoza (1393–1399) Álvaro de Isorna (1400–1415) Xil Soutelo (1415–1425) Xil Rodríguez de Muros (1429–1432) Pedro Henríquez (1426–1445) Pedro Arias Vaamonde (1446–1448) Alfonso de Segura (1449–1455) Alfonso Vázquez de Acuña (1455–1457) Fadrique de Guzmán (1452–1492?) Alonso Suárez de la Fuente del Sauce (1493–1496) Pedro de Munébrega (1498–1504) Diego de Muros (1505–1512) (tamén bispo de Oviedo) Diego Pérez Villamuriel (1512–1520) Jerónimo Suárez Maldonado (1525–1532) (tamén bispo de Badaxoz) Pedro Pacheco Ladrón de Guevara (1532–1537) (tamén bispo de Ciudad Rodrigo) Antonio de Guevara Noroña, O.F.M. (1537–1545) Diego Soto Valera (1545–1549) Francisco de Santa María Benavides Velasco, O.S.H. (1550–1558), fillo dos Marqueses de Frómista (anteriormente bispo de Cartaxena de Indias, despois bispo de Segovia), morreu en 1560. Pedro Maldonado, O.F.M. (1559–1566) Gonzalo Solórzano (1567–1570) (tamén bispo de Oviedo) Antonio Luján Luján, O.F.M. (1570–1570) Juan de Yermo y Hermosa (1574–1582) (tamén arcebispo de Santiago de Compostela) Isidoro Caja de la Jara (1582–1593) Gonzalo Gutiérrez Montilla (1593–1598) (tamén bispo de Oviedo) Diego González Samaniego (1599–1611) Alfonso Mesía de Tovar (1612–1616) (tamén bispo de Astorga) Pedro Fernández Zorrilla (1616–1618) (tamén bispo de Badaxoz) Rafael Díaz de Cabrera, O.SS.T. (1618–1630) Francisco Villafañe (1631–1633) (tamén bispo de Osma) Antonio Valdés Herrera (1633–1636) (tamén bispo de Oviedo) Gonzalo Sánchez de Somoza Quiroga (1638–1644) Juan Juániz de Echalar (1645–1647) (tamén bispo de Calahorra e La Calzada) Francisco Torres Grijalba, O.S.A. (1648–1662) Dionisio Pérez de Escobosa (1663–1668) Luis Tello de Olivares (1669–1671) Sebastián de Arévalo (1672–1682) Gabriel Ramírez de Arellano (1682–1689) Miguel Quixada (1690–1698) Manuel Navarrete e Ladrón de Guevara (1699–1705) Juan Antonio Muñoz Salcedo, O.S.H. (1705–1728) Antonio Alejandro Sarmiento Sotomayor, O.S.B. (1728–1751) Juan Manuel Escobar Carrera (1752–1752) Carlos Antonio Riomol Quiroga (1752–1761) José Francisco Losada Quiroga (1761–1779) Francisco Cuadrillero Mota (1780–1797) Andrés Aguiar Caamaño (1797–1815) Bartolomé Cienfuegos (1816–1827) Francisco López Borricón (1827–1839) Tomás Iglesias Bárcones (1850–1851) (tamén Patriarca das Indias Occidentais) Telmo Maceira (1852–1855) (tamén bispo de Tui) Ponciano Arciniega (1857–1868) Francisco de Sales Crespo y Bautista (1875–1877) José Manuel Palacios y López (1877–1885) José María Justo Cos Macho (1886–1889) (tamén arcebispo de Santiago de Cuba) Manuel Fernández de Castro Menéndez Hevia (1889–1905) Juan José Solís Fernández (1905–1931) Benjamín de Arriba Castro (1935–1944) (tamén bispo de Oviedo) Fernando Quiroga Palacios (1945–1949) (tamén arcebispo de Santiago de Compostela) Mariano Vega Mestre (1950–1957)
Sé de Mondoñedo-Ferrol Jacinto Argaya Goicoechea (12 de setembro de 1957, nomeado – 18 de novembro de 1968, nomeado bispo de San Sebastián) Miguel Anxo Araúxo Iglesias (2 de xullo de 1970, nomeado – 20 de maio de 1985, renuncia) José Gea Escolano (15 de maio de 1987, nomeado – 6 de xuño de 2005, retirado) Manuel Sánchez Monge (6 de xuño de 2005, nomeado – 6 de maio de 2015, nomeado bispo de Santander) Luis Ángel de las Heras Berzal (7 de maio de 2016Luis Ángel de las Heras, nuevo obispo de Mondoñedo-Ferrol - 2020, nomeado bispo de León) Fernando García Cadiñanos (dende o 4 de setembro de 2021)
Publicacións Entre outras publicacións, a diocese edita a revista anual Estudios Mindonienses.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Catedral de Mondoñedo Concatedral de San Xiao
Ligazóns externas Sitio web da diocese .
Mondoñedo-Ferrol Modonedo-Ferrol