Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía o 29 de decembro de 1959, é un escritor e profesor galego.
Traxectoria Foi militante de ERGA e da AN-PG e un dos fundadores da organización asemblearia Galicia Ceibe-OLN. Pertenceu á organización armada da esquerda independentista galega Loita Armada Revolucionaria e foi detido o 1 de setembro de 1980.Perfecto Conde Muruais (7/9/1980). "Nacionalistas gallegos, acusados de mantener contactos con ETA" El País . Foi xulgado na Audiencia Nacional o 30 de marzo de 1982,La Voz de Galicia, 31-3-1982, p. 38. e condenado a cinco anos de prisión.La Voz de Galicia, 8-4-1982, p. 37.La Voz de Galicia, 22-4-1982, p. 37. Posteriormente foi indultado en 1983 tras unha petición ó goberno do PSOE.REAL DECRETO 1157/1983, de 9 de febreiro de 1983, polo que se indulta a Xose Luis Nieto Pereira, Antonio Arias Curto e Xosé Cid Cabido.
Cursou estudos de Económicas e de Filoloxía Hispánica na USC, e licenciouse en Filoloxía Galega. Foi membro da redacción da revista Espiral a comezos dos anos oitenta e colaborador de A Nosa Terra nos anos noventa, traballou como redactor e guionista ocasional de programas da TVG como Sitio Distinto (1990-1991), ademais de en Edicións Xerais, como director da colección Ferros. O 31 de maio de 2014 foi elixido en listas abertas como o portavoz de Anova - Irmandade Nacionalista en Vigo.Ángel Paniagua Pérez (1/6/2014). "Anova elige nueva coordinadora pero mantiene la estrategia común con Esquerda Unida en Vigo" La Voz de Galicia .
Creou a tendencia literaria denominada evidencialismo, definida na práctica a través da súa prosa dende 1990, ano do primeiro texto evidencialista, “Extenuación”, incluído no libro Oralmente pola boca (1997).
En xullo de 2018, converteuse en profesor de ensino medio de Lingua e Literatura galega por oposición.
Obra Novela Foumán (1987). Vigo: Xerais (gañadora do premio Café de Catro a Catro). 151 páxs. Panificadora (1994). Vigo: Xerais(Premio Blanco Amor). 144 páxs. ISBN 978-8475078281. Grupo abeliano (1999). Vigo: Xerais (Premio Blanco Amor).Despois incluída, co número 103, na Biblioteca Galega 120. Foi traducida ao castelán. Blúmsdei (2006). Vigo: Xerais. 128 páxs. ISBN 9788497824439. Unha historia que non vou contar (2009). Vigo: Xerais. 236 páxs. ISBN 978-8499146751. Tres pintores (2018). Vigo: Xerais, 104 páx. ISBN 978-84-9121-452-6. A noiva cuántica (2026). Vigo: Galaxia. 533 páxs. ISBN 978-84-1176-576-3.
Relatos
O intercepto (1986). Vigo: Xerais. 256 páxs. ISBN 978-84-398-5855-3. O camiño de Middelharnis (1988). Vigo: Xerais. (prosa fragmentaria). ISBN 978-84-7507-338-5. Días contados (1991). Vigo: Xerais (gañador premio Cidade de Lugo) Oralmente pola boca (1997). Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 9788483021583. Fálame sempre (2003). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-9782-073-8.
Teatro Copenhague (1993). Vigo: Xerais , Os libros do Centro Dramático Galego(con Andrés A. Vila, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, 1992). 60 páxs. ISBN 978-8475077161.
Obras colectivas Sede Central. Relatos 2 (1990). Clube Cultural Adiante. Materia prima (1992). Xerais. Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía (1994). Xerais. From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (2008). Foreign Demand. A semente da nación soñada. Homenaxe a X. L. Méndez Ferrín,(2009). Sotelo Blanco Edicións. Antón Reixa. Ghicho distinto, con Manuel Xestoso (2012). Xerais.
Premios Premio Café de Catro a Catro 1987. Premio Cidade de Lugo 1991. Premio Blanco Amor en 1994 e 1999. Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa obra Tres pintores en 2018.
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Literatura galega do século XX Ligazóns externas Ficha do autor no sitio web de Edicións Xerais de Galicia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Nados en Xunqueira de Ambía Categoría:Nados en 1959 Categoría:Políticos de Anova-Irmandade Nacionalista Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Membros de Loita Armada Revolucionaria