O Partido da Protección dos Dereitos Humanos (en inglés: Human Rights Protection Party, HRPP) é un partido político de Samoa. Ten sido o partido dominante na política samoana dende 1982. Historia O partido foi fundado en maio de 1979 como oposición ao goberno de Tupuola Efi. Goberna o país dende a súa primeira vitoria en 1982, agás nun breve período entre 1986 e 1987 cando as diferenzas internas obrigáronlle a ir en coalición.
A figura máis senlleira do partido é o antigo Primeiro Ministro Tofilau Eti Alesana, finado en 1999. O líder do partido é o Primeiro Ministro Tuila'epa Sailele Malielegaoi.
Nas eleccións lexislativas do 4 de marzo de 2001, o partido obtivo o 45,1% dos votos e 23 de 49 escanos. Nas eleccións do 2 de abril de 2006, acadou 35 de 49 escanos.
Notas
Categoría:Partidos políticos de Samoa