Jostein Gaarder, nado o 8 de agosto de 1952 en Oslo, é un escritor noruegués autor de obras pertencentes á literatura infantil e xuvenilInformación sobre o autor en www.alohacriticon.com . Acadou un grande éxito internacional coa obra Sofies verden (O mundo de Sofía), que vendeu 30 millóns de exemplares e foi traducido a cincuenta e tres idiomas .

Traxectoria Fillo dun director de escola e dunha mestra (asemade escritora de literatura infantil), cursou na Universidade de Oslo os estudos de Filoloxía Escandinava e Historia das Ideas e da Relixión. Ao comezo dos anos 80 trasladouse a Bergen, onde foi profesor de Filosofía nun instituto ata os anos 90, momento no que abandonou a súa actividade docente .

Publicou a súa primeira obra, un libro de relatos, en 1986, pero non foi ata 1991 cando publicou Sofies verden. A obra, que xurdira coma unha tentativa de resumir a historia da filosofía e que era considerada polo autor coma un libro para lectores especializados, converteuse nun best-séller e chegou a ser a novela máis vendida do mundo en 1995 . En 1997, en honor ao éxito da novela, creou o Sophie Prize (Premio Sofía) destinado a axudar economicamente calquera tipo de iniciativa relacionada coa preservación do medio ambiente .

No tocante ao seu estilo, Jostein Gaarder constrúe as súas obras tentando cuestionar o mundo que o rodea. Acotío emprega a metaficción, desenvolvendo historias dentro doutras historias Ficha sobre o autor en www.goodreads.com .

Obra Diagnosen og andre noveller (O diagnóstico e outras historias), 1986 Barna fra Sukhavati (Os nenos de Sukhavati), 1987 Froskeslottet (O castelo das ras), 1988 Kabalmysteriet (O misterio do solitario), 1990 Sofies verden. Roman om filosofiens historie (O mundo de Sofía. Unha novela sobre a historia da filosofía), 1991 Julemysteriet (O misterio de Nadal), 1992 Bibbi Bokkens magiske bibliotek (A biblioteca máxica de Bibbi Bokkens), 1993 I et speil, i en gåte (O enigma no espello), 1993 Hallo? Er det noen her? (Ola? Hai alguén aí?), 1996 Vita brevis (Vida breve), 1996 Maya (Maya), 1996 Sirkusdirektørens datter (A filla do director de circo), 2001 Appelsinpiken (A rapaza das laranxas), 2003 Sjakk Matt (Xaque mate), 2006 De gule dvergene (Os ananos amarelos), 2006 Slottet i Pyreneene (O castelo nos Pireneos), 2008 Det spørs, 2012 A Terra de Anna (Anna. En fabel om klodens klima og miljø), 2017tradución galega a cargo de David A. Álvarez Martínez, publicada en 2017 por Faktoría K de Kalandraka.. Anton og Jonatan, 2014 Dukkeføreren, 2016

Premios Deutscher Jugendliteraturpreis" (1994), pola obra Sofies verden Premio La Vanguardia (1995), pola obra Sofies verden Buxtehude Bulle (1996), pola obra I et speil, i en gåte Premio Arcebispo Xoán de San Clemente (1996), pola obra Sofies verden Willy Brandt Prize (2004) The Royal Norwegian Order of St. Olav (2005) Honorary degree at Trinity College (2005)

Notas

Categoría:Escritores de Noruega Categoría:Nados en Oslo Categoría:Nados en 1952 Categoría:Alumnos da Universidade de Oslo