250px|miniatura|Aspas adestrando co Celta en 2013 Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987, é un futbolista galego, que xoga na demarcación de dianteiro no Celta de Vigo. Desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no club vigués, sendo o xogador con máis partidos na súa historia (534), así como o seu máximo goleador histórico (217 goles).
Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga."El debutante Iago Aspas hizo el doblete que le dió el triunfo de la calma al conjunto vigués", artigo en Marca, 6 de xuño de 2009
En xuño de 2013 anunciouse a súa fichaxe polo Liverpool FC, e tras un ano en Inglaterra e outro cedido en Sevilla volveu a Vigo en propiedade.
É irmán de Jonathan Aspas, sobriño de Cristóbal Juncal e curmán de Aitor Aspas, Adrián Cruz e Raúl Blanco, todos eles tamén futbolistas.
Traxectoria Inicios Fillo dun conquense e unha galega, naceu nunha familia moi vencellada ao fútbol, sendo seu tío o futbolista Cristóbal Juncal e os seus irmáns máis vellos Urbe e Jonathan Aspas, tamén futbolistas.
Iago iniciou os seus pasos como futbolista nas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo á idade de oito anos. Alí formouse até chegar ao filial do equipo celeste á idade de dezanove anos, coincidindo con outros xogadores como Dani Abalo ou Roberto Lago. Na tempada 2008-09 o adestrador celeste Pepe Murcia convócao para realizar a pretempada, mais a pesar das súas boas actuacións, non chega ter continuidade no primeiro equipo.
Debut no primeiro equipo O seu debut co primeiro equipo produciuse no Estadio de Balaídos o 7 de xuño de 2009. A falta de tres xornadas para terminar a tempada, o Celta enfrontábase ao Alavés, "un rival directo na loita pola permanencia". A importancia do devandito partido reflectíase en que unha vitoria do Alavés condenaba ao Celta aos postos de descenso a falta de tres xornadas, perigando así a súa existencia como entidade. O partido transcorreu con claro dominio do Alavés, equipo ao que lle sucedían as ocasións máis claras de gol. O entón adestrador Eusebio Sacristán decidiu buscar máis mobilidade no equipo, e no minuto 60 fixo debutar como revulsivo ao canteirán Iago Aspas.
As súas ganas fixéronse patentes nada máis entrar, xa que tivo dúas ocasións moi claras que evitou o meta Bernardo. A súa insistencia tivo premio no minuto 80, no que Iago rematou coa cabeza un centro do seu compañeiro Dani Abalo, pondo por diante aos celestes a falta de dez minutos. Con todo, un fallo da defensa permitiu ao dianteiro Juanjo marcar o gol do empate a tan só dous minutos do final. Pero unha vez máis, xa no tempo de desconto, o futbolista moañés volveu marcar, aproveitando un rexeitamento do porteiro rival, o que o converteu no salvador da categoría, asegurando así unha praza no primeiro equipo para a próxima tempada e o apoio e agarimo da afección.Iago Aspas pon fin ao calvario
Primeiro equipo A campaña 2009-10 supuxo a súa estrea como profesional e a súa presentación de cara á afección celeste. Co dorsal 11 nas costas, fixo unha tempada na que amosou as súas habilidades, facendo un total de 6 goles en 31 partidos, aínda que sen contar con continuidade no once titular e coa competencia constante de Roberto Trashorras. A campaña 2010-11 sería a máis completa até ese momento do moañés, aínda que con menos participación foi o gran revolucionario na recta final do campionato, na que substituíu a David Rodríguez como dianteiro centro por diante de Papadopoulos, gañando a confianza de Paco Herrera. Foi unha boa campaña do moañés na que gañaría fama por mor dunha acción en Los Carmenes, Granada, debido a unha fortuíta acción co chantadino Roberto, gardameta dos granadinos, na ida dos play-off de ascenso a Primeira División, desatando así unha nova rivalidade entre clubs.
Na tempada 2011-12 convértese no máximo goleador nacido no estado español e do Celta, con 23 tantos en 31 partidos, sendo clave para o ascenso do equipo a Primeira. Foi galardoado ademais, o 13 de novembro de 2012, co trofeo ao mellor dianteiro da categoría de prata da tempada.
Ao seguinte ano, xa na máxima categoría, viuse envolto nunha nova polémica o 15 de marzo do 2013 tras ser expulsado nun partido importante para as aspiracións do equipo no Derbi ante o Deportivo da Coruña por propinar un cabezazo a Marchena. Foi sancionado con catro partidos de suspensión, o que supuxo que o Celta sufrise até a última xornada para lograr a permanencia na Primeira División. Porén, a súa presenza nos últimos partidos foi clave para o funcionamento do equipo. O 1 de xuño de 2013 o Celta certificaría finalmente a permanencia en Primeira gañando o partido contra o Espanyol por 1-0 grazas a unha asistencia súa a Natxo Insa tras unha xogada individual. Este resultado, e a vitoria da Real Sociedad na Coruña, fixo que o Deportivo da Coruña descendese á Segunda División esa tempada.
Na Premier League Despois da súa gran tempada en Primeira División, no verán de 2013 ficha polo Liverpool FC, despois de varios meses de negociacións, por un prezo final de pouco máis de 9 millóns de euros, reservándose o Celta a propiedade do 10% dun futuro traspaso do xogador a outro club.El Celta percibirá más de nueve millones por Iago Aspas Diario Marca, 13 de xuño de 2013
De volta na Liga Ante a falta de minutos en Liverpool foi cedido con opción de compra obrigatoria ao Sevilla FC de cara a tempada 2014/15, porén no equipo sevillano tampouco contou con minutos o que o levou a ter unha relación bastante mala co adestrador do equipo Unai Emery. Ao finalizar o ano foi traspasado ao Celta de Vigo por un importe entre os 4 e 5 millóns de euroshttp://www.marca.com/2015/06/12/futbol/equipos/celta/1434133032.html.
Selección galega dereita|miniatura|Lucas Pérez e Iago Aspas coa selección galega (2024). Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, no cal marcou o tanto galego, que finalizou con empate (1–1). Foi convocado de novo, oito anos despois, para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024. Porén, xusto antes de comezar o encontro, a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) anunciou que Iago Aspas non ía xogar por mor dunhas molestias durante o quecemento. O partido finalizou con derrota (0–2).
Equipos AnoClubDivisiónPaísPartidos LigaGolesPartidos CopaGoles CopaPartidos InternacionaisGoles InternacionaisPartidos TotaisGoles Totais2006-2007Celta de Vigo BSegunda B211----2112007-2008Celta de Vigo BSegunda B324----324Celta de VigoSegunda División10----102008-2009Celta de Vigo BSegunda B316----316Celta de VigoSegunda División32 ----322009-2010Celta de VigoSegunda División36571--4362010-2011Celta de VigoSegunda División30411--3152011-2012Celta de VigoSegunda División352332--38252012-2013Celta de VigoPrimeira División341230 --37122013-2014Liverpool FCPremier League14011 --1512014-2015Sevilla Fútbol ClubPrimeira División162575126102015-2016Celta de VigoPrimeira División351454--40182016-2017Celta de VigoPrimeira División32195212549262017-2018Celta de VigoPrimeira División342231--37232018-2019Celta de VigoPrimeira División272021--29212019-2020Celta de VigoPrimeira División371410--38142020-2021Celta de VigoPrimeira División331410--34142021-2022Celta de VigoPrimeira División371710--38172022-2023Celta de VigoPrimeira División3712202039122023-2024Celta de VigoPrimeira División35910 - -3692024-2025Celta de VigoPrimeira División301010 - -3110 Ficha de Iago Aspas en bdfutbol.com
Trofeos individuais Trofeo Zarra 2011/12: máximo goleador español de segunda división (23 goles) 2016/17: máximo goleador español de primeira división (19 goles) 2017/18: máximo goleador español de primeira división (22 goles) 2018/19: máximo goleador español de primeira división (20 goles) 2021/22: máximo goleador español de primeira división (17 goles; ex aequo)
Premios LFP
2011/12: mellor dianteiro de segunda división 2016/17: Premios BBVA ao mellor xogador do mes de outubrohttp://www.laliga.es/noticias/iago-aspas-mejor-jugador-de-laliga-santander-en-octubre
Premio Manuel de Castro 2012: mellor xogador do Celta do ano
Campionatos internacionais
TítuloClubSedeAnoUEFA Europa LeagueSevilla F. C.Varsovia2015
Notas
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Moaña Categoría:Futbolistas de Moaña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España Categoría:Gañadores do Trofeo Zarra Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2018 Categoría:Futbolistas mundialistas de Galicia