miniatura|275px|Mensaxe de erro 404 da Wikipedia en inglés. HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.
A liña de texto asociada con este erro é "Non atopado". Os erros 404 non se deben confundir con erros de DNS, que aparecen cando a URL apunta cara a un servidor web que non existe.
Códigos de erro 404 de subestado do Microsoft Internet Server O software de servidor web desenvolvido por Microsoft, Microsoft's Internet Information Services (IIS), devolve un conxunto de códigos de subestado xunto coas súas respostas 404. Estes códigos de subestado teñen a forma de números decimais anexados ao código de estado 404. Os códigos de subestado non están oficialmente recoñecidos pola IANA e non son devoltos por servidores que non sexan de Microsoft.
Códigos de subestado Os servidores Microsoft IIS 7.0, IIS 7.5 e IIS 8.0 definen os seguintes códigos de subestado HTTP para indicar unha causa máis específica dun erro 404:
404.0 – Non atopado. 404.1 – Sitio non atopado. 404.2 – Restrición de ISAPI ou CGI. 404.3 – Restrición de tipo MIME. 404.4 – Sen controlador configurado. 404.5 – Denegado pola configuración de filtrado de solicitudes. 404.6 – Verbo denegado. 404.7 – Extensión de ficheiro denegada. 404.8 – Espazo de nomes oculto. 404.9 – Atributo de ficheiro oculto. 404.10 – Cabeceira da solicitude demasiado longa. 404.11 – A solicitude contén unha secuencia de escape dobre. 404.12 – A solicitude contén caracteres de alto valor. 404.13 – Tamaño do contido demasiado grande. 404.14 – URL da solicitude demasiado longa. 404.15 – Cadea de consulta demasiado longa. 404.16 – Solicitude DAV enviada ao controlador de ficheiros estáticos. 404.17 – Contido dinámico asignado ao controlador de ficheiros estáticos mediante unha asignación xenérica de MIME. 404.18 – Secuencia de cadea de consulta denegada. 404.19 – Denegado por regra de filtrado. 404.20 – Demasiados segmentos na URL.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas A More Useful 404
Categoría:Protocolos de Internet