Este artigo trata sobre unha vila, para o froito véxase artigo pexego.
miniatura|dereita|250px|Ponte vella, en Pavia Pavia (en italiano Pavia) é unha cidade do suroeste da Lombardía, no norte de Italia, é cruzada polo río Ticino (durante a época romana chamábase Ticinum), un pouco ao norte da confluencia co río Po. É capital da provincia de Pavia e en 2001 contaba con 71.074 habitantes. A provincia de Pavia dedícase sobre todo á agricultura (viño, arroz e cereais). As industrias son escasas e están localizadas nos suburbios da cidade.
Foi capital do reino longobardo. Desde a Idade Media foi sede dunha das universidades máis antigas de Italia. A cidade estivo fortificada até 1842, cando os bastións se transformaron en rúas e xardíns públicos. Porén, gran parte dos muros ficou en pé até 1901, cando foron derrubados para construír a estrada de circunvalación.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Batalla de Pavia Ceca de Pavia Ceca de Ticinum
Categoría:Pavia