Kitami (北見市, きたみし, Kitami-shi) é un concello da subprefectura de Abashiri e da prefectura de Hokkaidō no Xapón. Está situado ao nordeste da illa de Hokkaidō, no norte do Xapón. A súa superficie é de 1.427,56 km², a poboación é de 125.977 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 88,2 hab./km².

O concello de Kitami limita cos concellos de Abashiri, Ōzora, Bihoro, Tsubetsu, Kunneppu, Oketo, Engaru, Yūbetsu, Saroma (que son da subprefectura de Abashiri); de Kamikawa (que é da subprefectura de Kamikawa) e Kamishihoro (este último é da subprefectura de Tokachi).

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kitami . Sitio web oficial da cidade de Kitami .

Categoría:Rexión de Hokkaidō Categoría:Concellos do Xapón