Economía de San Tomé e PríncipeMoeda DobraOrganizacións comerciais de que fai parte dato non dispoñíbelDatos estatísticosPIB US$ 276,6 millóns (2008)PIB (posición) 213ª no mundo% de crecemento PIB 5,5% (2008)PIB per cápita US$ 1300 (2008)PIB por sector agricultura 14,6%, industria 14,6%, comercio e servizos 70,8% (2008)Inflación anual 27%Poboación abaixo da liña da pobreza 54% (2004)Total da forza de traballo 35 050 (1991)% traballadores por sector dato non dispoñíbelDesemprego dato non dispoñíbel Parcerías comerciaisExportacións (US$) 9 millóns f.o.b. (2008)Principais produtos exportados cacao 80%, copra, café, aceite de palmaPrincipais mercados Países Baixos 23,7%, Bélxica 23,7%, Francia 12,9%, Estados Unidos 5,9%, Portugal 4,1% (2007)Importacións (US$) 91 millóns (2008)Principais produtos importados máquinas e equipamentos eléctricos, alimentos, derivados de petróleoPrincipais parceiros Portugal 62,2%, Estados Unidos 11,6%, Gabón 4,5% (2007) Finanzas públicasDébeda externa US$ 318 millóns (2002)Receitas (US$) 47,65 millónsDespesas (US$) 51,48 millónsAjuda económica recibida (US$) 31,9 millóns (2000)Globaledge.msu.edu

Desde 1800, a economía de San Tomé e Príncipe baseouse na agricultura. No tempo da independencia, as plantacións de propiedade dos portugueses ocupaban o 90% das terras cultivables. Logo da independencia, o control destas plantacións pasaron a varias empresas agrícolas estatais, que se foron privatizando co tempo. O cultivo dominante en San Tomé e Príncipe é o cacao, que representa un 95% das exportacións. Outros produtos son a copra, palmeira anana, banana e café.

A produción doméstica é inadecuada para o consumo local, polo que o país importa parte desta comida. O goberno, nos últimos anos, esforzouse en expandir a produción alimenticia e outros grandes proxectos, a meirande parte financiada por doantes estranxeiros.

Ademais da agricultura, a principal actividade económica é a pesca e pequenas industrias do sector alimenticio. As paisaxes das illas teñen un potencial atractivo turístico, e o goberno está tratando de mellorar a infraestrutura do lugar, que ata o momento é precaria. O sector do goberno representa un 11% do emprego.

O país ten reservas de petróleo no seu mar territorial que están sendo pesquisadas en conxunto coa Nixeria.

Notas

San Tomé e Príncipe Categoría:San Tomé e Príncipe

ru:Сан-Томе и Принсипи#Экономика