Star Trek é un filme de ciencia ficción de 2009 dirixido por J. J. Abrams, con guión de Roberto Orci e Alex Kurtzman, produción de Damon Lindelof e Bryan Burk ademais do propio Abrams, e distribuído por Paramount Pictures. É o décimo primeiro filme baseado no universo Star Trek creado por Gene Roddenberry e nel aparecen os personaxes da serie de televisión orixinal de Star Trek como o doutor Leonard McCoy ("Bones"), o oficial de comunicacións Uhura, o enxeñeiro Montgomery Scott, o temoneiro Hikaru Sulu e o oficial mozo Pavel Chekov.
A intriga do filme céntrase na primeira misión común de James T. Kirk (Chris Pine) e Spock (Zachary Quinto) no USS Enterprise para combater a Nero (Eric Bana), un romulano que procedo do futuro que se enfronta á Federación de Planetas Unidos ameazando con destruír todos os seus planetas.
O desenvolvemento do filme comezou en 2005, pretendíase ser fiel ó canon de Star Trek pero modernizando a produción, introdución elementos dalgunhas das novelas e modificando a historia con viaxes no tempo a filmación realizouse entre o 25 de decembro de 2007 e marzo de 2008 e a estrea foi o 7 de maio de 2009 en Australia, recadando máis de 76 millóns de dólares na primeira semana.
Sinopse Historia de como se coñeceron o capitán Kirk e Spock. Todo está preparado para a viaxe inaugural da nave máis moderna que xamais existiu: a USS Enterprise. A súa tripulación ten unha importante misión: atopar un xeito de deter ó malvado Nero (Eric Bana), que movido pola vinganza ameaza a toda a humanidade. Pero o destino da galaxia está en mans de dous rivais que naceron en mundos diferentes. Un deles, Tiberio James Kirk (Chris Pine), un rapaz dunha granxa de Iowa que busca emocións, é un líder nato na busca dunha causa. O outro, Spock (Zachary Quinto), que creceu no planeta Vulcano, é un paria debido á súa parte medio humana. Mais Spock é tamén un brillante e decidido estudante. A tripulación da USS está liderada polo Capitán Christopher Pike (Bruce Greenwood). Tamén están o Oficial Médico, Leonard "Bones" McCoy (Karl Urban); o home que pasará a ser o enxeñeiro xefe do buque, Montgomery "Scotty" Scott (Simon Pegg); a oficial de comunicacións Uhura (Zoe Saldana); o experimentado Timonel Sulu (John Cho) e o rapaz de 17 Chekov (Anton Yelchin).
Personaxes Chris Pine como James T. Kirk Jimmy Bennett como Kirk de neno Zachary Quinto como Spock Jacob Kogan como Spock de neno Leonard Nimoy como Spock de vello Karl Urban como Dr. Leonard "Bones" McCoy Zoe Saldana como Nyota Uhura Simon Pegg como Montgomery "Scotty" Scott John Cho como Hikaru Sulu Anton Yelchin como Pavel Chekov Eric Bana como Capitán Nero Bruce Greenwood como Christopher Pike Rachel Nichols como Gaila
Galardóns e nomeamentos 2009: Oscar: Mellor maquillaxe. 4 nomeamentos. 2009: 2 nomeamentos ós Premios BAFTA: Mellor son e efectos especiais visuais.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por J. J. Abrams Categoría:Filmes producidos por J. J. Abrams Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Bad Robot Productions Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Spyglass Entertainment Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Utah Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Star Trek Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX