O túnel de Mont Blanc é un túnel nos Alpes, que une por estrada Francia con Italia, baixo o Mont Blanc.
As dúas cidades máis famosas preto do túnel son Chamonix (Alta Savoia, Francia) e Courmayeur (Val de Aosta, Italia). Comezado en 1957 e rematado en 1965, o túnel de 11,6 km de longo e 8,6 m de ancho discorre baixo a montaña entre estas dúas cidades. É unha das principais rutas de transporte transalpinas, particularmente para Italia, que confía nela para transportar ata un terzo das súas mercadorías cara ao norte de Europa.
Accidentes O 24 de marzo de 1999 un camión belga incendiado no túnel causou unha das traxedias automobilísticas máis grandes de Europa. O lume, por mor de estar no interior do túnel, propagouse moi rapidamente incinerando todo o combustible que ía atopando ao seu paso.
Provocouse un incendio de enormes proporcións, foron 53 horas de combate ao lume. Faleceron 39 persoas, a gran maioría carbonizadas dentro dos seus automóbiles, outras tratando de escapar a pé.
Peaxes O paso polo túnel está suxeito a peaxe. O prezo da peaxe difire de Italia a Francia, debido aos seus diferentes tipos de IVE.
Peaxes do túnel do Mont Blanc do lado francés en 2024 Tipo de vehículo Só ida Ida/volta Coches 54,10 € 67,50 € Motos 35,80 € 45,00 € Caravanas 71,60 € 90,00 €
Peaxes do túnel do Mont Blanc do lado italiano en 2024 Tipo de vehículo Só ida Ida/volta Coches 55,00 € 68,60 € Motos 36,40 € 45,70 € Caravanas 72,80 € 91,50 €
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Mont Blanc