Kizugawa (木津川市, きづがわし, Kizugawa-shi) é un concello xaponés da prefectura de Kyoto. Está situado ao centro-norte da rexión de Kinki e ao sur da prefectura, na zona da provincia histórica de Yamashiro, no centro-oeste da illa de Honshu. A súa superficie é de 85,12 km², a poboación é de 68.374 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 803 hab./km².

O concello de Kizugawa limita cos concellos de Seika, Ide, Wazuka, Kasagi (que son da prefectura de Kyoto); e Nara (este último é da prefectura de Nara).

Historia A cidade de Kizugawa foi fundada pola fusión de 3 concellos do distrito de Sōraku (Yamashiro, Kizu e Kamo) no ano 2007.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kizugawa .

Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Kyoto