O Libro de Aneirin (en galés Llyfr Aneirin) é un manuscrito galés de finais do século XIII que contén poesía en lingua galesa antiga e media atribuída a Aneirin, un poeta britano de finais do século VI.

Historia e características O manuscrito está na Cardiff Central Library. Data aproximadamente de 1265, pero probabelmente é unha copia dun manuscrito orixinal do século IX. A poesía púidose manter viva a través da transmisión oral. O poema máis coñecido que conteñen as súas páxinas é Y Gododdin, un antigo poema galés que conmemora os guerreiros de Gododdin (Lothian, na actual Escocia) que caeron na Batalla de Catraeth (probabelmente Catterick en North Yorkshire) sobre o ano 600. Partes deste parecen ser contemporáneas de Aneirin. A outra poesía, sen conexión coa batalla, inclúe, entre outros, un curto poema para un neno chamado Dinogad, que describe como seu pai vai cazar e pescar.

Véxase tamén

Ligazóns externas Llyfr Aneirin, ca. 1265 do sitio web Gathering the Jewels. Inclúe imaxes en cor do manuscrito completo. The Book of Aneurin Tradución inglesa, do sitio web Celtic Literature Collective.

Categoría:Manuscritos Categoría:Literatura en lingua galesa Categoría:Poesía Categoría:Libros do século XIII