Qatar experimentou un rápido crecemento da súa economía por 8 anos consecutivos ata o 2008 grazas ós altos prezos do petróleo. A política económica actual procura atraer investimentos para sectores non petrolíferos. Antes do descubrimento do petróleo a economía do país centrábase na pesca e a recolección de perlas. No entanto, o descubrimento de reservas de petróleo, nos anos 1940, transformou completamente a economía da nación. Agora o país ten un alto nivel de vida, con moitos servizos sociais para os seus cidadáns e todas as comodidades de calquera nación moderna.

O ingreso nacional de Qatar deriva principalmente das exportacións de petróleo e gas natural. As reservas de petróleo do país están estimadas en 15 mil millóns de barrís (2.4 km³). A riqueza e nivel de vida dos seus habitantes son comparables ás de nacións de Europa Occidental.

Notas

Véxase tamén

Q-Max