Sampiro, nado en Igrexa do Campo (O Bierzo), ou segundo outras fontes na ZamoraBreve biografía, cara ao 956 e finado en Astorga no 1041, foi un clérigo e político do reino de León, un dos primeiros cronistas de nome coñecido. Posiblemente houbo personalidades contemporáneas á súa co mesmo nomePérez de Urbel, op. cit..
Traxectoria Posiblemente naceu na localidade leonesa de Igrexa do Campo (preto de Cacabelos no Bierzo, ás veces confundida con Sorribas por ser na época considerada parte desa localidadein terminum de Subripa quae est villa Sampiri, texto do Privilexio de Ordoño II a Carracedo (995, Yepes V, apéndice XXIX páx. 448). O tema trátase en López Valle, op. cit.. O erro de localización aparece en obras como a de Alonso op. cit. e Tomé op. cit.. Algún autor considera, analizando a documentación histórica, que puido nacer en Toro.
Ingresou nun mosteiro, non se sabe se no de Sahagún ou no de San Miguel de Camarzana. Ante o perigo dos ataques musulmáns fuxiu a Zamora e posteriormente estableceuse na corte de León.
A súa crónica, que continúa as de Afonso III de Asturias, recompila os feitos que considerou máis relevantes entre 866 e o 982, en que se interrompe. Notario do rei Vermudo II (984-999), describiuno en termos eloxiosos: foi bastante prudente, confirmou as leis ditadas por Wamba, mandou abrir e estudar a colección canónica, amou a misericordia e o xuízo e procurou reprobar o mal e escoller o ben"La pesadilla de Vermudo, Almanzor" , artigo no Diario de León .. Cando o bispo Paio, que lle gardaba bastante rencor, reiniciou a recompilación cronística, substituíu eses eloxios de Sampiro por descricións máis crueis (como o alcume de gotoso co que pasou á Historia).
Despois Sampiro ocupou o cargo de mordomo (posto político de máxima confianza na Corte) con Afonso V (999-1028). Chegou a ser bispo de Astorga desde 1035.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Pérez de Urbel, J.: Sampiro: su crónica y la monarquía leonesa en el siglo X. Madrid, 1952. Diana artes gráficas. Casado, M.: Historia de El Bierzo: "Algunos personajes bercianos. Sampiro". 1994, Instituto de Estudios Bercianos. ISBN 84-88635-02-8. López Valle, M.: Castro Bergidum. El Mayor Asentamiento Castreño Berciano. Ponferrada, 2004. Imprenta Grama. ISBN 978-84-88635-42-6. Alonso, H.: El Bierzo, todos los pueblos, rutas y caminos. Ponferrada, 1999. ISBN 84-605-9354-1 Tomé, J. e outros: Las Edades del Bierzo. León, 2007. Diario de León.
Categoría:Historiadores Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Nados en 956 Categoría:Finados en 1041 Categoría:Bispos entre 451 e 1054