Morbid Angel é un grupo de death metal procedente de Florida, Estados Unidos. É considerada como banda pioneira dentro do estilo xunto a bandas como Death, Vader, Deicide, Obituary, Possessed e Cannibal Corpse. Foi formada en 1983.

Membros Trey Azagthoth - Guitarra, sintetizador, teclados, coros (1983 - presente) Pete Sandoval - Batería, percusións (1988 - presente) David Vincent - vocais, baixo (1986 - 1996, 2004 - presente) Destructhor - Guitarra rítmica (2008- presente)

Historia Trey Azagthoth xunto a Mike Browning e David Vincent comezan un grupo musical chamado Morbid Angel co disco Abominations of Desolation, pero este non sería sacado ata varios anos máis tarde, polo que o seu primeiro disco oficial é Altars of Madness, editado en 1989, que coas súas guitarras a voz de Vincent fixérono un son novo e rechamante dentro do estilo.

Logo virían traballos como Blessed are the Sick en 1991 e Covenant en 1993. Morbid Angel foi a primeira banda de death metal que asinaba cunha discográfica importante ao facer Covenant.

Domination converteuse na súa obra capital e nun dos discos alicerces dun xénero que xa empezaba a esgotarse, expandiendo e fundamentando todo aquilo que antes realizaran.

Formulas Fatal to the Flesh supuxo o regreso a un son menos técnico e máis primitivo e brutal, seguido por Gateways to Annihilation, integrando novos tipos de voces e guitarras. Aínda que a formación tivo varios cambios ao pasar os anos, o son de Morbid Angel non presentou gran variación.

Como dato curioso, o nome dos seus discos están ordenados por orde alfabético segundo a data de creación, ademais no disco Formulas Fatal to the Flesh ten tres letras F que significa 666 xa que a letra F é a sexta no abecedario.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Altars of Madness 1989 Earache Records Blessed are the Sick 1991 Earache Records Covenant 1993 Giant Records Domination 1995 Giant Records Formulas Fatal to the Flesh 1998 Earache Records Gateways to Annihilation 2000 Earache Records Heretic 2003 Earache Records llud Divinum Insanus 2011 Season of Mist Kingdoms Disdained 2017 Silver Lining Music

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo

Categoría:Grupos musicais de Florida Categoría:Grupos musicais formados en 1984 Categoría:Grupos musicais de death metal