Francisco Jémez Martín, nado nas Palmas de Gran Canaria o 18 de abril de 1970, é un exfutbolista español e actual adestrador de fútbol. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española. Dende 2021 adestra a UD Ibiza, da Segunda División.

Traxectoria Como xogador A súa posición natural de xogo era a de defensa central. Xogou no Córdoba CF durante unha tempada, trala cal fichou polo Real Murcia, onde estivo unha tempada. Foi fichado polo Rayo Vallecano onde xogou unha tempada para ser traspasado ao Deportivo da Coruña, onde estivo durante cinco tempadas. No ano 1998 abandonou o club deportivista para pasar ao Real Zaragoza, onde estivo outras cinco tempadas. Foi internacional absoluto en 21 ocasións.

Como adestrador O 28 de xuño de 2007, tras unha tempada adestrando á RSD Alcalá, o Córdoba CF anuncia a súa contratación como técnico en substitución de José Tomás Escalante para a tempada 2007–08. Tempada que non chega a concluír xa que é destituído o 30 de marzo a falta de 11 xornadas para a conclusión do campionato.

O 3 de febreiro de 2009, o FC Cartagena anuncia a súa contratación como técnico en substitución de Fabriciano González co que conseguiu o ascenso á Liga Adelante, pero non seguirá no club albinegro para a tempada 2009-2010.

O 26 de febreiro de 2011 foi destituído como adestrador da UD Las Palmas. En xuño anunciouse a súa volta ao Córdoba CF.

O 22 de xuño de 2012, anunciouse oficialmente a súa fichaxe polo Rayo Vallecano.Paco Jémez, oficialmente nuevo entrenador del Rayo

O 21 de decembro de 2017 firmou polo UD Las Palmas."Paco Jémez, nuevo entrenador de Las Palmas"

Palmarés Deportivo Copa do Rei: 1994–95 Supercopa de España: 1995

Zaragoza Copa do Rei: 2000–01

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Rayo Vallecano Categoría:Adestradores do Córdoba CF Categoría:Adestradores do FC Cartagena Categoría:Adestradores da UD Las Palmas Categoría:Adestradores da RSD Alcalá Categoría:Adestradores do Granada CF Categoría:Adestradores do Cruz Azul