miniatura|180px|Póla dunha árbore do xénero Syringa. miniatura|180px|Póla de Buddleja davidii. miniatura|180px|Corte lonxitudinal dunha póla.
A póla, galla, gallo, varelo ou rama é a parte da árbore na que medran as súas follas e os seus froitos. Trátase dunha estrutura de madeira conectada ao tronco central dunha árbore ou dun arbusto.
Unha rama pequena tamén se coñece como franza, ademais das formas máis evidentes: poliña e ramiña.Vocabulario Forestal da Universidade de Santiago de Compostela. Entrada 87.
Características As pólas poden desenvolverse de xeito horizontal, vertical ou diagonal, aínda que esta última é a que presentan a maior parte das pólas arbóreas.
As ramas ou pólas son a parte da árbore que se talla durante a poda para aumentar a produción de froitos, entre outros motivos.
Durante o inverno, pódense distinguir as árbores de folla caduca observando o corte lonxitudinal dunha rama.
Ao igual que unha viga, unha rama flexiónase concentrándose o esforzo máximo na base da mesma. Aínda que normalmente a tronza non chega a ocorrer, posto que o seu peso non é dabondo. Non obstante, unha sobrecarga, como o peso dun animal ou a acción do vento pode facer que se produza a fractura da póla ao superar unha tensión mecánica determinada.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Esquema dos tipos de tecido que se atopan nunha póla Sobre a poda Sobre fungos que aparecen en troncos e pólas
Categoría:Morfoloxía vexetal