A heroína é unha droga obtida da síntese do extracto de opio semisintético que procede da durmideira (Papaver somniferum), coa que se elabora a morfina que logo se somete a un proceso de acetilación co anhídrido acético para obter a heroína.
Sintomatoloxía
Efectos inmediatos. Perda da consciencia, tolerancia á dor, afeccións físicas e ou emocionais, sentimentos de candidez, euforia, pracer e benestar. En doses altas pode sedar. Estrinximento, náuseas, diminución do desexo sexual, encollemento da pupila, depresión dos centros respiratorios, risco de coma, diminución do ritmo cardíaco e aumento da temperatura corporal. Efectos a longo prazo. Trastornos intestinais e urinarios, hemorraxias, pneumopatías infecciosas, septicemia. Debido á falta de asepsia na aplicación, é posible adquirir infeccións como hepatites virais ou mesmo a SIDA.
Tipos e variedades N´3 e N´4 A N´3 ou "brown sugar" gradúa de 15 a 45 % en diacetilmorfina. Esta móstrase en forma de pedras ou grans de cores crema, gris ou azul. A N´4 ten unha porcentaxe máis elevada de diacetilmorfina do 60 a 95%. Preséntase como po branco.
Historia Empezouse a introducir na medicina en 1898, como un potente analxésico e un bo remedio contra os trastornos respiratorios tuberculosos. A partir de 1920, en paralelo, pasouse do seu uso terapéutico a unha utilización toxicómana. Actualmente fabrícase en laboratorios clandestinos do próximo Oriente e México.
Consumo Fúmase (normalmente heroína n'3), cómese, inhálase ou inxéctase (shoot) por vía subcutánea, intravenosa ou intramuscular. Este último método volveuse corrente.
Categoría:Drogas Categoría:Opioides