miniatura|dereita|Iván Turguiéñef Ivan Sergeevich TurgenevNome transcrito segundo os criterio de transliteración dende o ruso desta Wikipedia. ou Iván Sergéyevich TurguiéñefEsta segunda forma en galego é a que se corresponde coa dada no libro O primeiro amor, editado por Xerais (en cirílico Иван Сергеевич Тургенев), nado en Oriol o 9 de novembro de 1818 e finado en Bougival o 3 de setembro de 1883, foi un escritor, novelista e dramaturgo ruso, considerado o máis europeísta dos narradores dese país no século XIX. É autor dunha das grandes obras de narrativa rusa, a novela Ottsy i deti, que viría sendo Pais e fillos en lingua galega, se ben non se dispón aínda de tradución. Traxectoria Turgenev naceu no seo dunha rica familia terratenente na cidade rusa de Oriol. O seu pai, Serguéi Nikoláyevich Turgenev, coronel da cabalería imperial, morreu cando Iván tiña dezaseis anos, deixándoo xunto co seu irmán Nikolái ao coidado da súa abusiva nai, Várvara Petrovna Lutovínova:

Esa infancia tan marcada pola presenza ditatorial da nai e a ausencia física e afectiva do pai —que pouco antes de morrer tivera unha amante— explicaría, segundo Juan Eduardo Zúñiga, os problemas que Turgenev tivo na súa vida adulta para ter unha relación estable cunha muller, e o pesimismo que impregna a maior parte das súas obras. A esta tese abónase tamén o escritor español Javier Marías, que nas súas Vidas escritas, comeza así o capítulo dedicado ao escritor ruso:

Despois de completar a escola elemental, Turgenev estudou durante un ano na Universidade de Moscova e logo na Universidade de San Petersburgo, especializándose nos clásicos, literatura rusa e filoloxía.

En 1838 enviárono á Universidade de Berlín a estudar filosofía, particularmente con Hegel, e historia. Turgenev impresionouse coa sociedade centro-europea de Alemaña e volveu occidentalizado, pensando que Rusia podía progresar imitando a Europa, en oposición á tendencia eslavófila da época no seu país. Igual que moitos dos seus contemporáneos con bo nivel de educación, opúxose especialmente ao sistema de servidume.

Unha familia vasala leulle os versos de Rossiáda de Mikhail Kheraskov, celebrado poeta do século XVIII. Os primeiros intentos literarios de Turgenev, incluíndo poemas e esbozos, mostraron o seu xenio e recibiron comentarios favorables de Belinski, por entón o principal crítico literario ruso. No final da súa vida, Turgenev residiu pouco en Rusia, preferindo Baden-Baden ou París, desde que coñeceu no teatro Mariinski de San Petersburgo a cantante española Paulina García de Viardot ou Pauline García-Viardot, por quen abandonaría Rusia para establecerse en Francia e por cuxo amor estivo preso ata o fin dos seus días.

Turgenev nunca contraeu matrimonio, aínda que tivo unha filla cunha das servas da súa familia. Alto e robusto, o seu carácter destacouse pola súa timidez, introspección e falar suave. O seu amigo literario máis próximo foi Gustave Flaubert. As súas relacións con Lev Tolstoi e Fiódor Dostoievski foron a miúdo tensas, considerando a tendencia proeslavista de ambos.

A súa complicada amizade con Tolstoi alcanzou tal animosidade que en 1861 este retouno a duelo. Aínda que logo se desculpou, estiveron sen falarse dezasete anos. Dostoievski á súa vez parodiou a Turgenev na súa novela Бесы (Os demos) (1872), a través do personaxe do novelista Karmazínov. En 1880, o famoso discurso de Dostoievski na inauguración do monumento a Pushkin versou sobre a súa reconciliación con Turgenev.

Ocasionalmente visitou Inglaterra, e en 1879 a Universidade de Oxford outorgoulle un título honorífico. Morreu en Bougival, preto de París, debido a un cancro de medula. No seu leito de morte exclamou, referíndose a Tolstói; «Amigo, volve á literatura». Con tal inspiración, Tolstoi escribiu obras como Смерть Ивана Ильича (A morte de Ivan Ilich) e Крейцерова сонаtа (A Sonata Kreutzer). Por expreso desexo de Turgenev, o seu corpo foi trasladado a San Petersburgo e enterrado no cemiterio Volkovskoie.

En 1883 pesouse o cerebro de Turgenev, verificándose a infrecuente medida de 2021 gramos.Libro Guinness dos Récords,1987

Obra traducida ao galego O primeiro amor (Colección Xabarín, Edicións Xerais de Galicia, 1987; tradución de Manoel Riveiro). "O prado Biézhin", relato incluído na compilación O conto ruso do XIX: de Puxquin a Tolstoi (Ir Indo, 1997; tradución de Irina GorbátikovaInforme de Literatura 1997 CPRPIH.). Fume (Editorial Hugin e Munin, 2024; tradución de Iago Fernandes).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Biografía Crónica de Ivan Turgenev por Erik Lindgren Biografía breve Tres relatos de Turgenev en Ciudad Seva Os seus versos en ruso Turgenev e a música rusa

Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Wikipedia:Artigos por validar con WP:TRL Categoría:Nados en 1818 Categoría:Finados en 1883 Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Nados no óblast de Oryol Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Moscova Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de San Petersburgo Categoría:Dramaturgos de Rusia