Manuel Rivera Martorell, máis coñecido como Rivera, nado na Graña (Ferrol) o 3 de outubro de 1904 e finado o en decembro de 1952, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria Rivera, formado no equipo da Escola Noctura Obreira do Club Deportivo Ferrol, estivo vinculado case durante toda a súa carreira deportiva ao Racing de Ferrol, exceptuando media tempada que militou no Deportivo da Coruña, en 1933/34. Foi un dos grandes nomes da historia do Racing por talento deportivo e liderado no vestiario, e auténtico ídolo e referencia de varias xeracións de racinguistas. Estivo a piques de ser convocado pola selección española e foi pretendido por diversos clubs importantes do fútbol español, pero el sempre elixiu quedar en Ferrol e defender a camiseta verde agás o curto paso polo gran rival dos racinguistas. Considerado un dos mellores medios centros do fútbol galego de antes da Guerra Civil, abandonou o fútbol en 1938 por unha doenza do corazón. Co Racing foi tres veces campión de Galicia e formou parte do equipo que debutou na 2ª División en 1934/35. Tras a súa retirada como futbolista exerceu de delegado do club verde e tamén foi adestrador, tanto do cadro "reserva" como do primeiro equipo, neste último caso nas campañas 1943/44 e 1948/49.

Rivera faleceu en decembro de 1952 e, na súa memoria, o Estadio do Inferniño (construído en 1921 e remodelado entre 1949 e 1951) pasou a chamarse Estadio Manuel Rivera dende xaneiro de 1954.

Clubs ClubPaísAnoC.D. Ferrol1920-1922Racing de Ferrol 1922-1938RC Deportivo da Coruña1933−1934

Categoría:Futbolistas de Ferrol Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Nados en 1904 Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1952 Categoría:Xogadores do CD Ferrol Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do Racing de Ferrol