Tikei é unha illa das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente depende da comuna de Takaroa. Forma parte do grupo de illas do Rei Xurxo. Está situada ao norte do arquipélago, a 67 km ao sueste de Takaroa.
Xeografía
A illa é un antigo atol coa antiga lagoa interior case seca e chea de vexetación. Está deshabitada, e sen infraestruturas. É visitada periodicamente polos habitantes dos atois veciños que veñen pescar ou a buscar cangrexos dos cocos.
Historia
Foi descuberta polo neerlandés Jacob Roggeveen, o 18 de maio de 1722, chamándoa Carlshoff. En 1816 foi redescuberta polo ruso Otto von Kotzebue, que a chamou Romanzoff, nome do patrocinador da expedición.
Categoría:Illas de Tuamotu