Canido é un lugar da parroquia de San Miguel de Oia, no concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 212 habitantes (106 homes e 106 mulleres).

Está situada a carón da illa de Toralla e da praia do Vao, xa pertencente á parroquia de Coruxo. Ten un porto deportivo e as praias de Fuchiños e Canido, esta última con Bandeira Azul nos últimos anos. miniatura|Praia de Fuchiños.

Lugares de interese Salientan en Canido os seguintes lugares: A Vila Galaico-Romana de Toralla, sitio arqueolóxico museizado que se atopa ao comezo do lugar de Canido, na punta de Toralla (Eido de Mirambell). A Illa de Toralla que comunica con Canido a través dunha ponte, onde se atopaba parte do castro de Toralla.

Características O lugar de Canido vai (en dirección Vigo-Baiona) dende o eido de Mirambell (onde se atopa o sitio arqueolóxico) no inicio da ponte de Toralla. Ten tres zonas ben distinguidas, a zona do porto onde fica a praia de Canido co seu paseo, no que hai tabernas, restaurantes, e bares de copas. A estrema está no Porto pesqueiro e deportivo no que está situado o Club Marítimo de Canido. Continuando en liña recta atópase unha zona residencial, formada por casas grandes unifamiliares sobre un grande areal, que recibe diferentes nomes: como son Fuchiños, Areal do Xunqueiro e O Caranguexo. O final da urbanización márcao o Cabo Estai, no que se encontran, ademais do Instituto Oceanográfico de Vigo, diversas calas de rochas con vistas cara Nigrán. Outra parte de Canido, a vila en si, atópase elevada xeograficamente respecto da zona residencial anterior.

Servizos Para chegar até Canido hai varias liñas de transporte urbano (Vitrasa: L10 e L11. Conta tamén con parada da liña ATSA, que comunica o centro de Vigo con Baiona, pasando por parroquias do municipio de Nigrán.

Praia de Canido

Esta praia, situada fronte ás illas Cíes, ten bandeira azul.

Lugares e parroquias Lugares de San Miguel de Oia

Parroquias de Vigo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vigo

Categoría:Lugares de Vigo