Dennstaedtiaceae é unha familia de fieitos que forma parte da orde Polypodiales.

Características As dennstaedtiáceas son plantas vasculares con ciclo de vida haplodiplonte onde a alternancia de xeracións é ben manifesta, con esporófito e gametófito multicelulares e independentes, con esporas como unidade de dispersión e de resistencia. O gametófito é un "talo" (corpo sen organización), e o esporófito é un "cormo" (con raíz, vástago e sistema vascular). Por mor destas características tradicionalmente agrúpanse coas "pteridófitas".

Posúen esporófitos con megafilos ou "frondes" (Euphyllophyta).

As rizomas na súa maioría longamente rastreiros. Normalmente sifonostélicos ou polistélicos. Pelos "jointed" (mixtos).

Os pecíolos usualmente con ápice epipeciolar, usualmente cun feixe vascular en forma de sumidoiro aberto e adaxial.

Láminas usualmente grandes, 2-3 pinnuladas ou máis divididas. Indumento de pelos. Veas libres, bifurcadas ou pinnuladas, raramente anastomosándose e se é así non teñen veas inclusas.

Soros marxinais ou submarxinais, lineais ou discretos. Indusio linear ou cupuliforme na marxe da lámina, ou ben reflectida nos soros.

Esporas tetraédricas con marca trilete, ou con forma de ril e con marca monolete.

Gametófitos verdes, cordados.

Número de cromosomas: x = 26, 29, 30, 31, 33, 34, 38, 46, 47, 48 e quizais outros tamén. miniatura|dereita|150px|Corte transversal de talo de Pteridium aquilinum.

Clasificación sensu Smith et al. 2006 Preto de 11 xéneros: Blotiella Coptodipteris Dennstaedtia (incl. Costaricia) Histiopteris Hypolepis Leptolepia Microlepia Monachosorum Oenotrichia sensu stricto Paesia Pteridium

Preto de 170 especies.

Filoxenia Monofilético, tendo en conta que os fieitos lindsaeoideos e Saccoloma foron excluídos (Pryer et al. 2004b, Schuettpelz et al. en prensa).

Monachosoraceae aníñase dentro de Dennstaedtiaceae (Wolf et al. 1994, Wolf 1995 e 1997, Pryer et al. 2004b, Schuettpelz et al. 2006).

Ecoloxía Son terrestres (ás veces escandentes), e pantropicales.

Véxase tamén

Bibliografía Pryer, Kathleen M., Harald Schneider, Alan R. Smith, Raymond Cranfill, Paul G. Wolf, Jeffrey S. Hunt e Sedonia D. Sipes. 2001. "Horsetails and ferns are a monophyletic group and the closest living relatives to seed plants". Nature 409: 618-622 (resumo en inglés aquí). Pryer, Kathleen M., Eric Schuettpelz, Paul G. Wolf, Harald Schneider, Alan R. Smith e Raymond Cranfill. 2004. "Phylogeny and evolution of ferns (monilophytes) with a focus on the early leptosporangiate divergences". American Journal of Botany 91:1582-1598 (resumo en inglés aquí ). A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006. "A classification for extant ferns". Taxon 55(3), 705-731 (pdf aquí )

Outros artigos Clasificación dos organismos vexetais Para ver unha lista completa dos taxóns ver Sistema de clasificación de monilophytas de Smith 2006 Para unha descrición básica de morfoloxía e anatomía dos helechos ver Pteridophyta

Ligazóns externas P. F. Stevens, 2001 en diante, Angiosperm Phylogeny Website. Versión 9, xuño do 2008, e actualizado desde entón. http://www.mobot.org/MOBOT/research/APweb/ Pryer's lab cos pdfs das publicacións da autora.

Categoría:Fentos