Adolfo Caamaño Vázquez, nado en Perdecanai (Barro) o 30 de decembro de 1959, é un escritor galego que vive en Pontevedra.
Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou estudos de dereito na USC e de Ciencias Políticas na UNED. Durante o primeiro lustro da década dos 90 foi profesor substituto en varios centros de ensino secundario galegos. Desde 1997 exerce coma profesor de ensino secundario en Marín. Colaborou en A Nosa Terra, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, as revistas Política Gallega e a Revista do Audiovisual Galego, no diario tras-montano Noticias do Barroso e Atlántico Diario, do que foi correspondente rural na bisbarra de Caldas de Reis, Moraña, Cuntis e Barro. Tamén foi cofundador da revista de creación literaria pontevedresa Hidromel. Viviu en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Barcelona e Santa Cruz de Tenerife, e traballou na hostalería en San Cristóbal de La Laguna. Tamén desempeño labores de guía turístico por toda a costa mediterránea española a comezos da década de 1990.
A finais da década de 1980 e comezos da dos 90, en colaboración con Manuel Busto, Luís Martínez-Risco Daviña, Isaac Alonso Estraviz e Antonio Fontes, foi co-organizador da Gallaecia, ciclos de conferencias de temática variada e de exposicións de pintores e escultores galegos e portugueses desenvolvidos en Ourense, Verín, Xinzo de Limia, Celanova, e na Rexión do Norte de Portugal: Montalegre (Alto Trás-os-Montes), Vila Pouca de Aguiar, Ribeira de Pena, Vila Real, Porto. Por esta experiencia de iniciativa cultural galego-portuguesa participou nos grupos de traballo dos programas Interreg (da Comunidade Europea) para a posta en marcha no eido cultural da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.
Obras Poesía Poemario irlandés (2000). Espiral Maior. 76 páxs. Poemario compostelán (2006). Narrativa Soberano (2004). Edicións A Nosa Terra. 232 páxs. Sentidos da vida (2004). La Voz de Galicia. Cris Canalla: o instinto da liberdade (2009). A Nosa Terra. 122 páxs. Ten ollos o mar (2013). Revista Grial. Nº 197. Páxs. 91-93. Matar o heroe (2019). Editorial Galaxia. 444 páxs.
Literatura infanto-xuvenil O paxaro do mel (2006,1ª ed., 2007, 2ª edición). Fóra de Xogo. Editorial Xerais. 344 páxs. ePub: ISBN 978-84-9121-289-8.
Obras colectivas O trazo aberto, 2002, Deputación de Pontevedra. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior. O carballo de Santa Margarida. 2007. Caixanova-Concello de Pontevedra. Pontevedra Literaria (antoloxía). 2007. Caixa Galicia-Concello de Pontevedra. Bonaval, 2008. Edicións do Cumio (Modesto R. Figueirido, Fundación Pedrón de Ouro). Maregrafías (Anxo Cabada). 2008. Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Deporte, O Carballo do Pelete. 2011. Deputación de Pontevedra. A gueixa no bosque de bambú. (A garza insomne), 2016. Galaxia. Que non chova nin a gusto de todos, Acuamag, 2017. Fundación Acuorum (Gran Canaria). Elexía dos Aléns (XII Anos de Andaina do Premio de Poesía María Mariño. Asociación Teenses pola Igualdade). Editorial Medulia, 2019
Curtametraxe Sentidos da vida. Baseada no relato do mesmo título publicado en La Voz de Galicia (2004), dirixida por Sara Casal.Realizada por alumnos do IES Audivisual de Vigo e interpretada por alumnos da ESAD. 2015. A curta foi premiada coa Ostra de Pedra á mellor produción..
Premios Vila das Neves en 1991, por Frei Cibrán de Setados. Premio de poesía Johán Carballeira no 1999, por Poemario irlandés. Concello de Marín no 1999, por Poemario compostelán. Segundo premio de Relato Carlos Casares do Liceo de Ourense no 2002, por A cidade dual. Microrrelatos Lonxa Literaria de Moaña no 2003, por Subsidio. Premio Benito Soto da Asociación de Libreiros de Pontevedra á mellor novela do ano 2004 por Soberano. Premio María Mariño no 2007 por "Elexía dos Aléns". Premio Novela Curta do Concello do Valadouro no 2007 por "Un vulto sospeitoso". Selección para publicar do relato "Bonaval" no XXXIII Premio Modesto R. Figueiredo, 2008. Premio Manuel Murguía de Narrativa Breve no 2014, pola obra A gueixa no bosque de bambú. Premio Modesto R. Figueiredo no 2015, pola obra Pinball do Pombal. Finalista do Premio Iberoamericano Relatos de Agua en galego (Fundación Acuorum, Gran Canaria) no 2017 co relato: Que non chova nin a gusto de todos. 3º Premio no VI Certame de Poesía Manuel María da Casa de Galicia en Guipúscoa no 2018 co poema Elexías das ausencias. Premio de novela Vilar Ponte en 2018, por Matar o heroe. VII edición do Certame de poesía en lingua galega Manuel María, convocado pola Casa de Galiza de Guipúscoa (2019), por Cartograma para contido primixenio. Premio Modesto R. Figueiredo en 2021, por Derradeiras paisaxes do Conde.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia
Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Nados en Barro Categoría:Nados en 1959