Taylor Hawkins & The Coattail Riders é unha banda fundada por Taylor Hawkins, actual batería de Foo Fighters. Hawkins é o batería e o cantante do trío. Os outros membros son Chris Chaney ao baixo, e Gannin á guitarra. Chaney e Hawkins xa traballaran antes xuntos, no tour Sexual Chocolate de Alanis Morrisette.
Historia O proxecto comezou cando Taylor Hawkins comezou a gravar algunhas cancións no estudo de Drew Hester, antigo membro de Foo Fighters, e grande amigo de Hawkins. De aí saíu a intención de formar unha banda con Hawkins á voz.
Álbum de estrea O 21 de marzo do 2006, a banda publicou o seu primeiro disco, chamado Taylor Hawkins and The Coattail Riders. Contén 11 cancións, gravadas no ano 2004, antes de que os Foo Fighters gravaran ''In your Honor''. O seu primeiro videoclip oficial foi o da canción "Louise", a primeira do disco.
Discografía Álbum Ano Selo Taylor Hawkins and The Coattail Riders 2006 Thrive Red Light Fever 2010 Shanabelle/RCAGet the Money2019
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de California Categoría:Grupos musicais formados en 2004