Os fungos son un vasto grupo de organismos heterotróficos clasificados como un reino pertencente ao Dominio Eukaryota. Están incluídos neste grupo organismos de dimensións considerables, como os cogomelos, mais tamén moitos microorganismos, como mofos e lévedos. A pesar de seren tamén sapótrofos, como as plantas, animais e bacterias, os fungos son clasificados nun reino, Fungi, separado destes.

Descubriuse que organismos que parecían fungos en realidade non o eran, e que organismos que non o parecían en realidade si o eran, se chamamos "fungo" a todos os organismos derivados do que ancestralmente adquiriu a capacidade de formar unha parede celular de quitina. Debido a iso, aínda que este taxon está ben delimitado desde o punto de vista evolutivo, aínda se están estudando as relacións filoxenéticas dos grupos menos coñecidos, e a súa lista de subtaxons cambiou moito co tempo no que respecta a grupos moi derivados ou moi basais.

Unha gran diferenza é o feito de que as células dos fungos teñen paredes celulares que conteñen quitina e glucanos, ao contrario das células vexetais, que conteñen celulosa. Estas e outras diferenzas mostran que os fungos forman un só grupo de organismos relacionados entre si, denominado Eumycota (fungos verdadeiros ou Eumycetes), e que comparten un antepasado común (un grupo monofilético). Este grupo de fungos é distinto dos estruturalmente similares Myxomycetes (agora clasificados en Myxogastria) e Oomicetos. A disciplina da bioloxía dedicada ao estudo dos fungos é a micoloxía, moitas veces vista como unha rama da botánica, mesmo a pesar de que os estudos xenéticos teñen mostrado que os fungos están máis próximos aos animais que ás plantas.

Abundantes en todo o mundo, a maioría dos fungos son pouco rechamantes debido ao pequeno tamaño das súas estruturas, e polos seus modos de vida crípticos no solo; na materia morta; simbióticos como na gran maioría das plantas vasculares que teñen fungos a nivel da raíz (microrrizas) que axudan ás raíces na absorción de auga e nutrientes; parasitos de plantas, causando doenzas como o apodrecemento de troncos e aumentando o risco de caída das árbores; parasitos de animais, incluíndo humanos, outros mamíferos, paxaros e insectos, con resultados desde unha suave infección até a morte; e parasitos doutros fungos. Poden facerse notar cando frutifican, sexa como cogomelos ou como mofos. Os fungos desempeñan un papel esencial na descomposición da materia orgánica e teñen papeis fundamentais nos trocos e ciclos de nutrientes. Son utilizados desde hai moito tempo como unha fonte directa de alimentación, como no caso dos cogomelos (Shiitake, Champiñón común, Champiñón, Maitake...) e trufas, como axentes fermentativos no pan, e na fermentación de varios produtos alimentarios, como o viño, a cervexa, e o mollo de soia. Desde a década de 1940, os fungos úsanse na produción de antibióticos e, máis recentemente, varias enzimas producidas por fungos úsanse industrialmente en deterxentes. Son usados tamén como axentes biolóxicos no control das malas herbas e pragas agrícolas. Moitas especies producen compostos bioactivos chamados micotoxinas, como alcaloides e policétidos, que son tóxicos para animais e humanos. As estruturas frutíferas dalgunhas especies conteñen compostos psicótropos, polo que son consumidas de xeito recreativo ou en cerimonias espirituais tradicionais. Os fungos poden descompoñer materiais artificiais e construcións, e tornarse patoxénos para animais e humanos. Algúns fungos son extremadamente velenosos. As perdas nas colleitas debidas a doenzas causadas por fungos, ou a deterioración de alimentos poden ter un impacto significativo no fornecemento de alimentos e nas economías locais.

O reino dos fungos abrangue unha enorme diversidade e taxons, con ecoloxías, estratexias de ciclos de vida e morfoloxías variadas, que van desde os quitrídios acuáticos unicelulares aos grandes cogomelos. Con todo, pouco se sabe da verdadeira biodiversidade do reino Fungi, que se estima inclúe 1,5 millóns de especies, con apenas cerca de 5% destas formalmente clasificadas. Desde os traballos taxonómicos pioneiros dos séculos XVII e XVIII efectuados por Carl von Linné, Christiaan Hendrik Persoon, e Elias Magnus Fries, os fungos son clasificados segundo a súa morfoloxía (i.e. características como a cor do espora ou características microscópicas) ou segundo a súa fisioloxía. Os avances na xenética molecular abriron o camiño para a inclusión da análise do ADN na taxonomía, e permitiron comparar características bioquímicas, como o ARN ribosómico e o ADN. Estudos filoxenéticos publicados nas últimas décadas axudaron a modificar a clasificación do reino Fungi, baseándose principalmente nas características das súas estruturas sexuais reprodutoras. A filoxenia actual clasifica o reino Fungi nun subreino, sete filos (Microsporidia, Chytridiomycota, Blastocladiomycota, Neocallimastigomycota, Glomeromycota, Ascomycota, e Basidiomycota) e dez subfilos.

Etimoloxía A palabra galega fungo deriva do termo latino fungus (cogomelo), usado nos escritos de Horacio e Plinio o Vello. Pola súa parte, fungus deriva do grego sphongos/σφογγος ("esponxa"), que se refire ás estruturas e morfoloxía macroscópicas dos cogomelos e mofos. O termo micoloxía, derivado do grego mykes/μύκης (cogomelo) e logos/λόγος (tratado, estudo), denota o estudo científico dos fungos. A forma adxectiva latina de "micoloxía" (mycologicæ) apareceu xa en 1796 nun libro de Christiaan Hendrik Persoon. En 1836, o naturalista inglés Miles Joseph Berkeley na obra The English Flora of Sir James Edward Smith, refírese á micoloxía como o estudo dos fungos. Características miniatura|upright|esquerda|Vista dun fungo Coniophora tamén coñecido como "fungo orella" podrecendo un tronco de madeira. Antes do desenvolvemento dos análises moleculares de ARN e a súa aplicación na dilucidación da filoxenia do grupo, os taxonomistas clasificaban aos fungos no grupo das plantas debido á semellanza entre as súas formas de vida (fundamentalmente, a ausencia de locomoción e unha morfoloxía semellante). Como elas, os fungos crecen no solo e o mofo (que é un tipo de fungo) nas árbores, ademais, no caso dos cogomelos, forman corpos frutíferos que nalgúns casos gardan parecido con exemplares de plantas, como os brións. No entanto, os estudos filoxenéticos indicaron que forman parte dun reino separado do dos animais e plantas, dos cales se separou fai aproximadamente mil millóns de anos.

Algunhas das características morfolóxicas, bioquímicas e xenéticas dos fungos son comúns a outros organismos; no entanto, outras son exclusivas, o que permite a súa separación doutros seres vivos.

Como outros eucariotas, os fungos posúen células delimitadas por unha membrana plasmática rica en esterois e que conteñen un núcleo que alberga o material xenético en forma de cromosomas. Este material xenético contén xenes e outros elementos codificantes así como elementos non codificantes, como os intróns. Posúen orgánulos celulares, como as mitocondrias e os ribosomas de tipo 80S. Como compostos de reserva e glícidos solubles posúen polialcohois (p.e. o manitol), disacáridos (como a trehalosa) e polisacáridos (como o glicóxeno, que, ademais, atópase presente en animais). Do mesmo xeito que os animais, os fungos carecen de cloroplastos. Isto débese ao seu carácter heterotrófico, que esixe que obteñan como fonte de carbono, enerxía e poder reducir compostos orgánicos.

A semellanza das plantas, os fungos posúen parede celular e vacúolos. Reprodúcense de forma sexual e asexual, e, como os fentos e brións, producen esporas. Debido ao seu ciclo vital, posúen núcleos haploides habitualmente, do mesmo xeito que os brións e as algas.Deacon, p. 58.

Os fungos gardan parecido con euglenoides e bacterias. Todos eles producen o aminoácido L-lisina mediante a vía de biosíntese do ácido alfa-aminoadípico. miniatura|Panellus stipticus, unha das especies coñecidas de fungos bioluminiscentes.|250x250px As células dos fungos adoitan posuír un aspecto filamentoso, sendo tubulares e alargadas. No seu interior, é común que se atopen varios núcleos; nos seus extremos, zonas de crecemento, dáse unha agregación de vesículas que conteñen proteínas, lípidos e moléculas orgánicas chamadas Spitzenkörper. Fungos e oomicetos posúen un tipo de crecemento baseado en hifas.Alexopoulos et al., p. 685. Este feito é distintivo porque outros organismos filamentosos, as algas verdes, forman cadeas de células uninucleadas mediante procesos de división celular continuados.Deacon, pp. 128–29.

Atopados principalmente en climas temperados e tropicais, hai máis de cento doce especies coñecidas de fungos bioluminiscentes (é dicir, que producen luz) todos os cales son membros da orde Agaricales (basidiomicetos), cun ascomiceto excepcional pertencente á orde Xylariales.

Características diferenciais Os fermentos, un grupo de fungos, presentan polo menos unha fase do seu ciclo vital en forma unicelular; durante esta, reprodúcense por xemación ou bipartición. Denomínanse fungos dimórficos as especies que alternan unha fase unicelular (de fermento) con outra miceliar (con hifas) A parede celular dos fungos componse de glucanos e quitina; os primeiros preséntanse tamén en plantas, e os segundos, no exoesqueleto de artrópodos; esta combinación é única. Ademais, e a diferenza das plantas e oomicetos, as paredes celulares dos fungos carecen de celulosa. A maioría dos fungos carecen dun sistema eficiente de transporte a distancia de sustancias (estruturas que en plantas conforman o xilema e floema). Algunhas especies, como Armillaria, desenvolven rizomorfos, estruturas que gardan unha relación funcional coas raíces das plantas.

En canto as rutas metabólicas, os fungos posúen algunhas vías biosintéticas comúns ás plantas, como a ruta de síntese dos terpenos a través do ácido mevalónico e o pirofosfato. No entanto, as plantas posúen unha segunda vía metabólica para a produción destes isoprenoides que non se presenta nos fungos. Os metabolitos secundarios dos fungos son idénticos ou moi semellantes aos dos vexetais. A secuencia de aminoácidos dos péptidos que conforman as enzimas involucradas nestas rutas biosintéticas difiren no entanto das plantas, suxerindo unha orixe e evolución distintas. Carecen de fases móbiles, tales como formas flaxeladas (es), coa excepción dos gametos masculinos e as esporas dalgunhas formas filoxeneticamente «primitivas». Non posúen plasmodesmos. A maioría dos fungos crecen como hifas, estruturas cilíndricas e filiformes de 2 a 10 µm de diámetro e até varios centímetros de lonxitude. As hifas crecen nos seus ápices; as hifas novas fórmanse tipicamente pola aparición de novos ápices ao longo de hifas preexistentes por un proceso chamado de ramificación, ou —en ocasións— o extremo apical das hifas bifúrcase, dando lugar a dúas hifas con crecemento paralelo.

A combinación de crecemento apical e ramificación/bifurcación conduce ao desenvolvemento dun micelio, unha rede interconectada de hifas.Alexopoulos et al., p. 30 As hifas poden ser septadas ou cenocíticas: as hifas septadas divídense en compartimentos separados por paredes transversais (paredes celulares internas, denominadas tabiques, que se forman en ángulo recto con respecto á parede celular que dá forma á hifa), e cada compartimento contén un ou máis núcleos; as hifas cenocíticas non están compartimentadas.Deacon, p. 51. Os septos teñen poros que permiten o paso de citoplasma, orgánulos e, ás veces, núcleos; un exemplo é o tabique doliporo nos fungos basidiomicetos.Deacon, p. 57. As hifas cenocíticas son esencialmente supercélulas multinucleadas.

Moitas especies desenvolveron estruturas de hifas especializadas para a absorción de nutrientes dos hóspedes vivos; os exemplos inclúen haustoria en especies parasitas de plantas da maioría dos grupos fúnxicos e arbuscules de varios fungos micorrizicos, que penetran nas células hóspede para consumir nutrientes.