Mireille Mathieu, nada en Aviñón o 22 de xullo de 1946, é unha cantante francesa.
Traxectoria Descuberta en 1965, Mathieu é o arquetipo da cantante popular dos anos 60 e 70, período no que coñeceu os seus maiores éxitos. Está considerada un símbolo da canción francesa, cunhas vendas que acadan os 150 millóns de discos por todo o mundo, gravados en once linguas, entre elas o propio francés, o castelán o catalán e mais o provenzal.
En 1978 foi escollida como modelo para un busto de Marianne, a personificación alegórica da República Francesa."Les visages de la République". En 20 minutes. 5 de xullo de 2013.
Notas
Categoría:Músicos de Francia Categoría:Nados en 1946 Categoría:Participantes nos Enfoirés Categoría:Nados en Aviñón Categoría:Cantantes en lingua alemá Categoría:Cantantes en lingua rusa