Taravai é a segunda illa máis grande das Illas Gambier na Polinesia Francesa. De forma triangular, está situado ao suroeste a 2 km de Mangareva e 300 m ao norte da illa de Agakauitai. Taravai de 5´7 Km² elévase a 256 m.. Pódense ver os restos da igrexa de San Gabriel rematada en 1868 pola misión católica de Honoré de Laval. A pequena aldea de Agakono albergaba só 9 persoas en 2012, nalgún momento viviron 2.000 persoas. Existen restos das antigas aldeas de Aga-nui (noroeste) e Agakau-i-uta (sueste). A illa mostra unha exuberante vexetación, con moitas cafeeiras. A illa foi descuberta polo navegante Inglés James Wilson 1797.
O sitio arqueolóxico de Onemea suxire a ocupación esporádica da illa cara ao ano 950 cun posible asentamento continuo desde o século XIII.The Onemea site (Taravai Island, Mangareva) and the human colonization of Southeastern Polynesia. Archaeology in Oceania
Antes da conversión ao cristianismo, o rei de Taravai era un vasalo do rei de Rikitea en Mangareva.R. W. Williamson, The Social and Political Systems of Central Polynesia, Cambridge University Press, 1924.
Notas
Ligazóns externas
Mangareva, Tahiti - Death of a People
Categoría:Illas Gambier