O Connacht Rugby (en irlandés: Rugbaí Connachta) é un dos catro equipo profesionais provinciais de rugby da Illa de Irlanda. O club compite no Pro14 e na Copa de Campións Europea de Rugby. O equipo representa á sección de Connacht da Irish Rugby Football Union (IRFU), sendo así o responsable do rugby na provincia. O Connacht xoga os seus partidos como local no Galway Sportsgrounds, recinto con capacidade para 8.100 espectadores. A cor principal do club é o verde, a cal utilizan na camisola local do equipo. Por outra banda, na camisola visitante utilizan o azul, unha das cores tradicionais da provincia. O emblema do equipo é unha versión modificada da bandeira provincial, a cal consiste nunha aguia e nun brazo portando unha espada.

Connacht ten unha base de xogadores moi pequena en comparación con outras provincias irlandesas debido en parte á pouca poboación da provincia e a gran popularidade que teñen na mesma os Deportes Gaélicos coma o hurling e o fútbol gaélico. Connacht ten tan só un 8% do total dos xogadores de rugby irlandeses actualmente, a pesar de que o rugby experimentou un crecemento nos últimos anos. Esta expansión tamén se ve reflicitda na venda de entradas, sobre todo desde a primeira temporada na que o club participou na Heineken Cup. O maior éxito do club chegou no ano 2016 cando sorpresivamente conseguiron o seu primeiro título do Pro12 (actual Pro14) tras vencer á provincida de Leinster na final. Os medios de comunicación compararon esta vitoria coa do título do Leicester City na Premier League de fútbol dese mesmo ano.

Historia O equipo proivincial de Connacht foi fundado en 1885 e os clubs aos que representaba eran Ballinasloe, Castlebar, Galway Town, Galway Grammar School, Queen College Galway e Ranelagh School Athlone. Ballinasloe, ao igual que Buccaneers RFC, Castlebar e Queens College (agora UCG) sobreviviron. Connacht foi o primeiro equipo provincial irlandés en gañar en Francia e Inglaterra en 1997. O equipo foi cuarto finalista da European Challenge Cup 1997−98, e na temporada 2001−02 foi semifinalista da Celtic League, aínda que unicamente chegou aos cuartos de final na temporada 2002−03.

Na temporada 2003−04 chegaron ás semifinais da European Challenge Cup, nas que un ensaio a 12 minutos para o remate do partido de volta fronte os Harlequins privou aos irlandeses de meterse na final por primeira vez na súa historia, chegando os ingleses á final que posteriormente gañarían após gañar por un apertado 26 a 27 fronte ao Clermont Auvergne no Madejski Stadium de Reading. Tamén nesa tempada acadaron as semifinais da Celtic Cup. Na temporada 2004−05 continuaron coa súa boa forma, chegando novamente ás semifinais da European Challenge Cup, nas que novamente caeron fronte a un equipo inglés, desta vez os Sale Sharks, que finalmente se farían co título ao gañar na final por un contundente 27 a 3 aos franceses da Section Paloise.

Na temporada 2011–12 o Connacht consegue a súa primeira participación na Heineken Cup debido á vitoria do Leinster no torneo a temporada anterior. Isto é debido a que os campións do torneo tiñan grantida a súa participación na seguinte edición, e como o Leinster xa estaba clasificado, a praza pasaba ao seguinte mellor equipo clasificado do mesmo país. Esta participación no principal torneo de clubs europeo, fixo que a popularidade do equipo medrase significativamente. De feito, por primeira vez na súa historia, conseguiron máis de 3.000 abonados, aumentando a asistencia de público un 105% con respecto á temporada anterior. Na competición europea o equipo finalizou en último lugar do seu grupo, conseguindo tan só gañar por 9–8 aos Harlequins no Sportsgrounds. Na temporada 2015−16 o Connacht consegue sorpresivamente o seu primeiro título de liga. O equipo terminou en temporada regular en segundo lugar tras Leinster, o que lle permitiu xogar as semifinais ante os Glasgow Warriors. Tras vencer ao equipo escocés por 16–11, na final os de Connacht conseguiron vencer por 20–10 a Leinster no Murrayfield Stadium. Este triunfo foi comparado coa vitoria do Leicester City na Premier League desa mesma temporada.

Cores e escudo A aguia e o brazo suxeitando unha espada do escudo do Connacht Rugby está extraído da bandeira da Provincia de Connacht. A orixe do escudo de armas dise que ven de Ruaidrí Ua Conchobair, Rei de Connacht, quen as recibiu de Schottenkloster, un mosteiro irlandés fundado en Ratisbona no século XI. As actuais cores do equipo consisten nunha camisola en dous tons de verde, con pantalóns e medias da mesma cor. A presenza do verde nas cores do equipo é descoñecida, xa que non aparece por ningures na bandeira da provincia, a cal é azul, branco e negra. Con todo, estas cores si aparecen no uniforme suplente do equipo.

Elenco Os seguintes son os xogadores de Connacht para o Pro14 de 2019−20.

Equipo de Connacht (Pro14)Piliers Finlay Bealham Denis Buckley Matthew Burke Rory Burke Conor Kenny Paddy McAllister Dominic Robertson-McCoy Peter McCabe

Talonadores Shane Delahunt Dave Heffernan Tom McCartney Jonny Murphy

Segunda liña Ultan Dillane Joe Maksymiw Eoghan Masterson Seán O'Brien Quinn Roux Gavin ThornburyTerceira liña Paul Boyle Jarrad Butler (c) Robin Copeland Colby Fainga'a Cillian Gallagher Eoin McKeon

Medios-melé Caolin Blade Stephen Kerins Angus Lloyd Kieran Marmion

Aperturas Jack Carty Conor Fitzgerald David HorwitzCentros Bundee Aki Tom Daly Tom Farrell Kyle Godwin Peter Robb

Ás Niyi Adeolokun Stephen Fitzgerald Matt Healy John Porch

Zagueiros Darragh Leader Tiernan O'Halloran (c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.

Xogadores destacados Irlanda A seguinte é unha lista de xogadores de Connacht internacionais con .

British and Irish Lions Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions.The Ireland Rugby Miscellany (2007): Ciaran Cronin Ray McLoughlin: 1966, 1971 John O'Driscoll: 1980, 1983 Ciaran Fitzgerald: 1983 ()

Internacionais Os seguintes son xogadores de Connacht que foron internacionais con seleccións diferentes á irlandesa.

Capitáns Os seguintes son os capitáns de Connacht desde o comezo da era profesional. miniatura|John Muldoon. Xogador Temporadas Kevin Devlin 1996–1997 Graham Heaslip 1997–1998 Eric Elwood 1998–2000 Mark McConnell 2000–2002 Tim Allnutt 2002–2004 Andrew Farley 2004–2006 John Fogarty 2006–2007 Andrew Farley 2007–2008 John Muldoon 2008–2011 Gavin Duffy 2011–2013 Gavin Duffy John Muldoon Michael Swift 2013 Craig Clarke 2013–2014 John Muldoon 2014–2018 Jarrad Butler 2018–

Adestradores Os seguintes son os adestradores de Connacht desde o inicio da era profesional. miniatura|150px|Andy Friend. Adestrador Primeira temporada Última temporada Eddie O'Sullivan 1993–94 1995–96 Warren Gatland 1996–97 1997–98 Glenn Ross 1998–99 1999–00 Steph Nel 2000–01 2003–04 Michael Bradley 2003–04 2009–10 Eric Elwood 2010–11 2012–13 Pat Lam 2013–14 2016–17 Kieran Keane 2017–18 2017–18 Andy Friend 2018–19

Presidentes Presidentes do Connacht

Estatísticas Pro14

Temporada Bonus Puntos 2001–02 2º (Grupo B) 6 4 0 2 152 97 +55 n/a 12Cuartos de final Connacht 29 – 34 Glasgow 2002–03 4º (Grupo B) 7 5 0 2 126 176 –50 0 20Cuartos de final Munster 33 – 3 Connacht 2003–04 9º 22 8 2 12 479 550 −71 8 44 2004–05 10º 20 7 1 12 317 407 –90 7 37 2005–06 10º 22 6 0 14 325 466 –141 5 37 2006–07 10º 20 4 2 14 326 474 –148 6 26 2007–08 10º 18 5 1 12 214 396 –182 2 24 2008–09 10º 18 4 0 14 224 460 –236 4 20 2009–10 10º 18 5 1 12 254 459 –205 4 26 2010–11 9º 22 7 1 14 394 459 –65 9 39 2011–12 8º 22 7 1 14 321 433 –112 7 37 2012–13 8º 22 8 1 13 358 422 –64 4 38 2013–14 10º 22 6 0 16 371 509 −138 11 35 2014–15 7º 22 10 1 11 447 419 +28 8 50 2015–16 2º 22 15 0 7 507 406 +101 13 73 Semifinal Connacht 16 – 11 Glasgow Warriors Final Connacht 20 – 10 Leinster 2016–17 8º 22 9 0 13 413 498 −85 8 44 2017–18 6º (Conf. A) 21 7 0 14 445 477 −32 11 39 2018–19 3º (Conf. A) 21 12 0 9 475 394 +81 13 61 Cuartos de final Ulster 21 – 13 Connacht

Champions Cup

Temporada Bonus Puntos 2011–12 4º 6 1 0 5 68 130 −62 2 6 2012–13 3º 6 3 0 3 96 138 −42 0 12 2013–14 3º 6 3 0 3 101 147 –46 1 13 2015–16 Rolda previa Gloucester 40 − 32 (pro.) Connacht 2016–17 3rd 6 4 0 2 188 118 +70 2 18 2017–18 Rolda previa Northampton Saints 21 – 15 Connacht

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Site oficial do Connacht Rugby Connacht Rugby en irishrugby.ie Web dos seareiros do Connacht Rugby

Categoría:Equipos de rugby de Irlanda Categoría:Equipos do United Rugby Championship