Tutuila é a principal e a máis grande illa da Samoa Americana, e a terceira illa máis grande da cadea das illas de Samoa. A illa destaca no Pacífico Central polo seu gran porto natural: o porto de Pago Pago, que é a capital da Samoa Americana. No século XIX, Tutuila chamábase Maouna.

A área da illa é de 141,81 km², e tiña unha poboación de 55.876 habitantes (censo 2000) (estas cifras inclúen a illa Aunu'u, fronte á costa sueste de Tutuila, que ten unha superficie de 1,517 km² e unha poboación de 476 habitantes). O punto máis alto da illa é Matafao Peak (653 m).

Politicamente, a illa está dividida en dúas divisións principais, o Distrito Leste e o Distrito Oeste.

left | 300px |miniatura| Fatu Rock (dereita) e illotes Futi Rock (á esquerda), no arrecife de Tutuila na entrada ao porto de Pago Pago (detrás de Fatu)

Categoría:Illas e arquipélagos de Polinesia Categoría:Illas dos Estados Unidos de América Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Arquipélago de Samoa