Manuel "Manu" Fernández Muñiz, nado en Xixón o 9 de marzo de 1986, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu actual equipo é o Marbella FC.
Traxectoria Formado na canteira do Sporting de Gijón, debutou co primeiro equipo en Segunda División na tempada 2005–06. En 2007 é contratado polo Deportivo da Coruña, onde pasa a maior parte do tempo no filial coruñés.
Na tempada 2009–10, despois da marcha de Gustavo Munúa ao Málaga CF, Manu foi promovido como segundo porteiro, detrás de Dani Aranzubia. O 23 de marzo de 2010, e precisamente contra o Sporting de Gijón, fixo o seu debut no minuto 10, tras unha expulsión a Aranzubia.
Debido a unha lesión de Aranzubia no verán de 2010, Manu foi o porteiro titular nos 6 primeiros partidos da tempada 2010–11, conseguindo tres empates, dúas derrotas e unha vitoria.
O 27 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación polo Recreativo de Huelva.
O 24 de agosto de 2015 firmou polo Deportivo da Coruña, por unha tempada, logo de atoparse sen equipo.
Estatísticas ClubTempadaLigaCopa do ReiComp. EuropeaTotalPart.G.E.Part.G.E.Part.G.E.Part.G.E.Coef.Deportivo da Coruña2009–20103766--9131,44 Total3766009131,44
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador na páxina do Deportivo Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés