O Nordés é unha serie de televisión de ficción emitida pola TVG durante a tempada 2009-10, e que se desenvolve na redacción dun modesto xornal da cidade de Vigo. Estreouse o 17 de setembro de 2009.
Argumento A serie narra os casos profesionais e os conflitos de relación que se dan na redacción d' O Nordés, un xornal modesto e centenario da cidade de Vigo. Os seus protagonistas son os xornalistas. Cada capítulo estrutúrase en función da rutina laboral de cada xornada, desde a primeira reunión matinal do consello de redacción ata que os lectores o reciben a primeira hora da mañá do día seguinte.
A empresa familiar que dirixe O Nordés pasa por un mal momento económico e sofre presións por parte dun comprador para facerse co seu control. Con todo, máis alá do xornal e dos xornalistas, as principais historias que se narran na serie son as que xorden dos casos que día a día tratan os profesionais da información: sucesos, temas de actualidade e de interese humano.
Elenco de actores Principal Mabel Rivera (Amelia, editora e propietaria, viúva de Alfredo Canido) Xosé Manuel Olveira "Pico" (Horacio Oliveira, director) Monti Castiñeiras (Mateo Rúa, subdirector) Ledicia Sola (Eva Mouzo, redactora xefe de local) Olalla Salgado (Álex López, redactora) Víctor Fábregas (Antonio Esteiro, redactor de deportes) Evaristo Calvo (Hermida, redactor xefe de economía) Marián Bañobre (Olga Alvelo, redactora xefe de cultura e sociedade) Isabel Risco (Sabela Otero, bolseira en prácticas) Xulio Abonjo (Paulo Castro, reporteiro) Xacobo Prieto (Lois Cedeira, fotógrafo) Marcos Orsi (Wilson Alves, director comercial) Belén Constenla (Celsa Budiño, limpadora) Alfonso Agra (Urbano Puga, empresario e antigo "narco") Xoel Fernández (Arturo, avogado) Manuel Regueiro (Adrián, mozo de Eva) Maxo Barjas (Celia Lago, muller de Caride)
Abandonaron Fernando Morán (Alfredo Canido, editor e dono do periódico)
Episódico Serxio Pazos Cristina Castaño César Cambeiro Suso Lista Santi Romay Marta Larralde Xavier Estévez Santi Prego
Capítulos e audiencias
Capítulo Título Data de estrea Espectadores Share PRIMEIRA TEMPADA1 "O centenario" Xoves, 17 de setembro de 2009120.00012,7%2 "O mellor oficio do mundo" Xoves, 24 de setembro de 2009s/ds/d3 "O racismo vende xornais" Xoves, 1 de outubro de 2009121.00011,1%4 "Tamén estamos no negocio" Martes, 6 de outubro de 2009s/ds/d5 "Unha foto atopada nun taxi" Martes, 13 de outubro de 200971.0007,6%6 "Gasóleo, restos de peixe e pintura de barcos" Martes, 20 de outubro de 200987.0008,5%7 "A mellor maneira de comezar o día" Martes, 27 de outubro de 200996.0009,6%8 "Un narcotraficante aburrido" Martes, 3 de novembro de 2009110.00011,3%9 "Son só negocios" Martes, 10 de novembro de 200959.0005,8%10 "Unha botella de ron" Martes, 17 de novembro de 2009138.00013,5%11 "Puido ser bonito, moi bonito" Martes, 24 de novembro de 200973.0007,8%12 "Lisboa" Martes, 1 de decembro de 2009120.00010,9%13 "O vigués do ano" Martes, 8 de decembro de 2009107.00010,2%
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2009Mellor serie de televisiónCTV e ZopiloteNomeadoMellor realizadorMarta Piñeiro e Alfonso Zarauza GañadoresMellor música orixinalPiti Sanz e Iván Laxe Gañadores
Véxase tamén Ligazóns externas Primeiro episodio d'O Nordés na Páxina dos 25 anos da TVG O Nordés na TVG O Nordés na AVG de Culturagalega.org
Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión iniciadas en 2009 Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega