Os Ospreys (en galés: Y Gweilch), anteriormente Neath-Swansea Ospreys (en galés: Gweilch Tawe-Nedd), son un dos catro equipos profesionais de rugby de Gales. Compiten no Pro14, unha liga que inclúe equipos profesionais de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica, e na European Rugby Champions Cup. O equipo fundouse no ano 2003 como resultado da fusión do Neath RFC co Swansea RFC, sendo parte do plan de creación de equipos rexionais en Gales da Welsh Rugby Union. O equipo está afiliado a múltiples clubs locais amadores e semi-profesionais, incluído equipos da Welsh Premier Division como o Aberavon RFC, o Bridgend Ravens e os propios Neath e Swansea. A área de influencia do club é coñecida de forma informal como Ospreylia.

O estadio principal do equipo é o Liberty Stadium de Swansea, recinto con capacidade para 20.827 espectadores. Con todo, teñen xogado algúns encontros de menor importancia no Brewery Field de Bridgend. O escudo do club e o alcume do mesmo en inglés osprey fan referencia á aguia peixeira, unha ave rapaz de plumas brancas e negras que representa as cores dos clubs fundadores, o branco e o negro. Actualmente o equipo xoga como local de negro e como visitante de branco e laranxa. Os Ospreys son o equipo galés máis exitoso da historia do Pro14 (antes Celtic League e Pro12), tendo gañado o campionato en catro ocasións. Alén diso, os Ospreys foron o primeiro gales en conseguir vencer un equipo de elite de xira, conseguindo vencer a por 24–16 en 2006.

Elenco Os seguintes son os xogadores dos Ospreys para o Pro14 de 2019−20.

Equipo dos Ospreys (Pro14)Piliers Tom Botha Maʻafu Fia Gheorghe Gajion Rhodri Jones Nicky Smith Gareth Thomas

Talonadores Dewi Lake Scott Otten Sam Parry Ifan Phillips

Segunda liña Lloyd Ashley Adam Beard Bradley Davies Ben Glynn Will Griffiths Marvin Orie Alun Wyn JonesTerceira liña Dan Baker Olly Cracknell Sam Cross Gareth Evans Will Jones James King Dan Lydiate Morgan Morris Justin Tipuric (c) Guido Volpi

Medios-melé Matthew Aubrey Aled Davies Harri Morgan Reuben Morgan-Williams Shaun Venter

Aperturas Gareth Anscombe Cai Evans Marty McKenzie Luke PriceCentros Cory Allen James Hook Tiaan Thomas-Wheeler Owen Watkin Kieran Williams Scott Williams

Ás Hanno Dirksen Keelan Giles Lesley Klim Luke Morgan George North Tom Williams

Zagueiros Dan Evans (c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.

Xogadores destacados Gales A seguinte é unha lista de xogadores dos Ospreys internacionais con .

British and Irish Lions Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions menrtres xogaban para os Ospreys.

Internacionais Os seguintes son xogadores dos Ospreys que foron internacionais con seleccións diferentes á galesa.

Adestradores A seguinte é unha lista de todos os adestradores da historia dos Ospreys. Adestrador Anos Lyn Jones 2003–2008 Sean Holley 2008–2012 Steve Tandy 2012–2018 Allen Clarke 2018–2019

Palmarés Celtic League/Pro12 Campións (4): 2005, 2007, 2010, 2012 Anglo-Welsh Cup Campións (1): 2008 Subcampións (1): 2007

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pro14

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Equipos de rugby de Gales Categoría:Equipos do United Rugby Championship