Herbert Eugene Caen, coñecido como Herb Caen, nado en Sacramento (California) o 3 de abril de 1916 e finado en San Francisco o 1 de febreiro de 1997, foi un xornalista estadounidense. Foi gañador do Premio Pulitzer, e atribúeselle a invención do termo beatnik, que ridiculiza á xeración beat.

Traxectoria Escribiu durante case toda a súa vida para o xornal San Francisco Chronicle, dende fins da década do 30 ata a súa morte. Publicou unha colección de ensaios baixo o título de Baghdad-by-the-Bay, en 1949. Morreu en 1997 e o seu funeral foi un dos acontecementos máis destacados da historia recente da cidade de San Francisco.

Véxase tamén Ligazóns externas Columna que data do 2 de abril de 1958, onde Caen escribiu por vez primeira o termo "beatnik" Cronoloxía da súa carreira Colección de columnas de Caen

Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Sacramento Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Gañadores do Premio Pulitzer Categoría:Finados por cancro de pulmón