San Salvador de Sobrada é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 986 habitantes (483 homes e 503 mulleres).

Patrimonio A igrexa parroquial é de finais do século XVIII, pero conserva sobre o lintel da porta do muro norte dúas mochetas con cabezas de bóvidos da primitiva portada románica. Nela celébrase o luns de Pascua o Lance da Cruz, no que participan párrocos e pescadores das dúas beiras do río Miño.

Festas Celébrase a festa do Cristo do Socorro a segunda fin de semana de agosto, e tamén se conta coa Festa do lanzó da Cruz, que se celebra o Domingo e Luns de Pascua.

Deporte

En 1979 fundouse o club de fútbol Estrella Roja, que a finais da década de 1980 contou cun equipo feminino.

División eclesiástica Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares da parroquia de Sobrada

Parroquias de Tomiño

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tomiño

Categoría:Parroquias de Tomiño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador