Este artigo trata sobre a exaculación dos machos en diversas especies de mamíferos, para a exaculación das femias humanas véxase exaculación feminina. miniatura|Secuencia dunha exaculación A exaculación é a expulsión de líquido seminal a través do pene desde a vesícula seminal, causada pola contracción dos músculos na base do pene ou do epidídimo despois dun orgasmo.
Características e datos relacionados Está asociada á sensación de pracer extremo e adoita ser o estadio final e obxectivo final da estimulación sexual, e é un compoñente esencial da reprodución natural xa que permite fecundar á femia. Nalgúns casos raros a exaculación cáusaa unha enfermidade da próstata . A exaculación tamén pode acontecer espontaneamente durante o sono, é o que se coñece como polución nocturna. A anexaculación é a imposibilidade de exacular.miniatura|Pelve masculina e órganos reprodutores.|centro|300x300px
Fisioloxía A fisioloxía da exaculación é un proceso complexo controlado polo sistema nervioso autónomo e divídese principalmente en dúas fases sucesivas: a emisión e a expulsión.
Fase de emisión Nesta primeira fase, o sistema nervioso simpático coordina o movemento dos fluídos e dos espermatozoides cara á uretra posterior. Os condutos deferentes, a próstata e as vesículas seminais contráense suavemente para transportar os seus fluídos ao bulbo da uretra. Ao mesmo tempo, o esfínter interno da vexiga urinaria pechase para evitar o fluxo retrógrado do seme cara á vexiga (o que causaría unha exaculación retrógrada) e evitar a mestura con orina. Unha vez que o líquido seminal se acumula na uretra prostaticobulbar, xérase unha sensación de "inevitabilidade exaculatoria".
Fase de expulsión A segunda fase é un acto reflexo spinal impulsado pola activación dos nervios pudendos e caracterizado pola saída forza do seme ao exterior. Os músculos da pelve e do perineo, especialmente o músculo bulboesponxoso e o isquiocavernoso, experimentan contraccións rítmicas e involuntarias a intervalos de aproximadamente 0,8 segundos. Estas contraccións a gran presión propulsan o seme cara fóra a través do meato urinario ao longo da uretra peneana. Paralelamente, libéranse as sensacións de pracer intenso asociadas ao orgasmo.
Véxase tamén
Outros artigos Exaculación precoz
Categoría:Sexualidade Categoría:Exaculación