A aeronomía é a ciencia que estuda as capas superiores da atmosfera, onde os fenómenos de ionización e disociación son importantes. O termo aeronomía foi introducido por Sydney Chapman e a definición anterior data de 1960.Andrew F. Nagy, p. 1-2 en Comparative Aeronomy, ed. por Andrew F. Nagy et al. (Springer 2008, ISBN 978-0-387-87824-9) Hoxe en día o termo inclúe a ciencia das rexións correspondentes doutros planetas e é unha póla da física atmosférica. A investigación aeronómica necesita de globos, satélites e foguetes sonda. As mareas atmosféricas dominan a dinámica da mesosfera e a termosfera inferior, polo que a súa comprensión é esencial para a comprensión da atmosfera como un todo. Outros fenómenos estudados pola aeronomía son os raios da atmosfera superior.
Notas
Véxase tamén Aeroloxía
Categoría:Ciencias da atmosfera