John Loudon McAdam, nado o 21 de setembro de 1756 en Ayr e finado o 20 de novembro de 1836 en Moffat, foi un célebre enxeñeiro escocés.

Traxectoria Dedicou a súa vida á construción de estradas, área na que inventou un novo proceso que resultou na creación do macádam, unha superficie de pedra machucada apisoada lisa e dura, máis duradeira e con menos facilidade para embarrarse que os camiños de terra.

Categoría:Enxeñeiros de Escocia Categoría:Nados en 1756 Categoría:Nados en Ayr Categoría:Finados en 1836