Vietnam (en vietnamita: Việt Nam ), oficialmente República Socialista de Vietnam (en vietnamita Cộng hòa Xã hội chủ nghĩa Việt Nam ()) é o país máis oriental da Península de Indochina, no sueste asiático. Cunha poboación estimada de 90 millóns de habitantes, é o décimo terceiro país máis poboado do mundo, e o oitavo de Asia. O nome Vietnam, que se traduce por "Viet do sur" (sinónimo do termo antigo Nam Viet), foi oficialmente adoptado en 1802 polo Emperador Gia Long, e foi recuperado de novo en 1945 coa fundación da República Democrática de Vietnam baixo Ho Chi Minh. O país limita con China ó norte, Laos ó noroeste, Camboxa ó suroeste e o mar da China Meridional ó leste.The South China Sea is referred to in Vietnam as the East Sea (). A capital é Hanoi dende a reunificación de Vietnam do Norte e do Sur en 1976.
Vietnam foi parte da China Imperial por máis dun milenio, dende o -111 ata o 938. Os vietnamitas conseguiron a independencia despois de conseguir a vitoria na Batalla do río Bạch Đằng. Floreceron sucesivas dinastías reais, e a nación estendeuse xeograficamente e politicamente no sueste asiático, ata que a Península de Indochina foi colonizada polos franceses a mediados do século XIX. Despois da ocupación xaponesa na década de 1940, os vietnamitas loitaron contra o goberno francés na primeira guerra de Indochina, expulsándoos en 1954. Vietnam foi dividida politicamente en dous estados, Vietnam do Norte e do Sur. Os conflitos entre os dous intensificáronse, coa forte intervención dos Estados Unidos, na que se coñece como guerra de Vietnam. A guerra rematou coa vitoria norvietnamita en 1975.
Vietnam foi unificado baixo un goberno comunista pero permaneceu empobrecida e politicamente illada. En 1986, o goberno iniciou unha serie de reformas económicas e políticas que significaron para Vietnam o camiño da integración no mundo económico. No 2000, estableceu relacións diplomáticas con moitas nacións. Dende o 2000, o crecemento económico de Vietnam situouse entre os máis altos do mundo, e, no 2011, tivo os máis altos indicadores de crecemento entre as 11 meirandes economías. As reformas económicas deron como resultado a súa unión á Organización Mundial do Comercio no 2007.
Porén, malia os avances que experimentou nos últimos anos, o país aínda padece de altos niveis de desigualdade, disparidade de acceso á asistencia sanitaria, e falta de igualdade de xénero."Distribution of Family Income – Gini Index" . CIA World Factbook, 2008 data. Consultado o 27 de novembro de 2011.
Historia
Introdución A maior parte da súa historia estivo gobernada por varias dinastías do Imperio Chinés e propias. Vietnam obtivo a súa independencia nos inicios do século X e a súa autonomía total un século despois. O período de goberno das dinastías nativas rematou a mediados do século XIX, cando o país foi colonizado por Francia. Durante a segunda guerra mundial, o Xapón ocupou Vietnam; pero respectou a autoridade francesa por ser o Goberno de Vichy colaboracionista coa súa aliada, a Alemaña nazi. Foi cara a fin deste conflito cando os xaponeses trataron de exterminar o poder francés por sospeitar dun apoio a unha invasión aliada. Nesta situación, Ho Chi Minh proclamou a República Democrática de Vietnam.
Ó rematar a guerra, Francia intentou restablecer o seu control; pero fallou e comezou a guerra de Indochina que finalmente perdeu. A Conferencia de Xenebra de 1954 dividiu o país en dous: Vietnam do Norte e Vietnam do Sur. Durante a guerra fría, o norte recibiu o apoio da República Popular da China e a Unión Soviética, mentres que o Sur obtivo o apoio dos Estados Unidos. Axiña as tensións levaron á guerra de Vietnam, que terminou coa retirada das tropas estadounidenses en marzo de 1973 e a toma de Saigón en abril de 1975. En 1976, Vietnam unificouse baixo o goberno de Vietnam do Norte e tomou o nome de República Socialista de Vietnam.
En 1978, Vietnam invadiu a Kampuchea Democrática de Pol Pot e precipitou a caída do seu réxime. Mantivo uns 100.000 soldados durante toda a década dos oitenta. A finais da década dos noventa, comezaron as negociacións para restabelecer relacións diplomáticas cos Estados Unidos e a comezos do século XXI, Vietnam comezou a recibir axuda estadounidense co que se considera superado o "Trauma Vietnam".
Era predinástica miniatura|Un tambor de bronce Dong Song, feito arredor do -800 durante a Idade de Bronce. Museo Guimet, París. De acordo coas lendas vietnamitas, membros de varias tribos naceron do matrimonio entre Lạc Long Quân (rei dragón) e Âu Cơ (deusa madriña), e a historia de Vietnam data de hai máis de 4.000 anos. Porén, as fontes fiables indican que os vietnamitas ou a historia do seu país data de hai uns 2.700 anos. No ano de -258, Thuc Phan fundou o reino Áu Lac (formado pola unión de Áu Viet e Lac Viet - Van Lang), no norte de Vietnam.
Moitos historiadores consideran que a civilización Dong Son é común a moitos pobos do Sueste asiático. No 208 a.C., a Dinastía Qin, chamada tamén "Triệu Đà", estableceu un estado coñecido como "Nam Việt", o cal estaba localizado ó sur da China e do Delta do río Vermello. O significado histórico da orixe de Nam Việt é motivo de controversias xa que para algúns estudosos o devantido territorio estaba baixo rexencia chinesa, mentres que para outros constitúe xa un período de independencia. Dende o -111 a.C. ata o século X Vietnam estivo baixo o mando de diferentes dinastías chinesas.
Era dinástica esquerda|miniatura|O templo da literatura en Hanoi, construído no século XI. En 938, Ngô Quyền logrou derrotar ás forzas chinesas na Batalla do río Bạch Đằng e logrou a independencia despois dun milenio baixo control dos chineses. Denominada Đại Việt, a nación viviu a súa idade de ouro durante as Dinastías Lý e Trần. Durante o reinado desta última, Đại Việt puido defenderse de tres intentos de invasión dos mongois en 1257, 1284-85 e 1287-88. Despois da breve Dinastía Hồ, a independencia de Đại Việt foi brevemente interrrompida pola dinastía Ming da China, pero foi restaurada por Lê Lợi, o fundador da dinastía Lê. dereita|miniatura|Mapa da expansión do pobo vietnamita cara ao sur, Nam Tien, dende 1069 a 1757.
No século XV, o feudalismo acadou o seu máximo esplendor, especialmente durante o reinado do Emperador Lê Thánh Tông. Entre os séculos XI e XVIII, os vietnamitas expandíronse ó sur nun proceso que chamaron nam tiến (expansión sur e que os levou a conquistar o Reino de Champa (o cal desapareceu definitivamente como estado) e parte do imperio Khmer (Kampuchea Krom).
A finais da dinastía Lê, Vietnam sufriu conflitos civís, primeiro co apoio que os chineses deron á Dinastía Mac, a cal desafiou o poder da dinastía Lê, e despois, coa derrota da dinastía Mac que supuxo o retorno da anterior. Daquela, o poder foi dividido entre os Señores Trịnh do norte e os Señores Nguyễn do sur, o que levou ó país a un novo conflito: a guerra civil Trịnh-Nguyễn que durou máis dun século. A guerra rematou cando os irmáns Tây Sơn derrotaron ós señores e estableceron unha nova dinastía. Porén, o seu goberno non durou e foron derrotados polos remanentes dos Señores Nguyễn coa axuda dos franceses, quen estableceron a Dinastía Nguyễn.
Dominio francés (1887 — 1954)
miniatura|esquerda|Mapa da Indochina Francesa en 1913. A independencia de Vietnam rematou a mediados do século XIX, cando o país foi colonizado polo Imperio francés. A administración francesa impuxo significativos cambios políticos e culturais na sociedade vietnamita. Impúxose un sistema de educación moderna occidental, o cristianismo, desenvolveuse o cultivo de tabaco, té e café. Os franceses ignoraron o clamor pola independencia e os dereitos civís, o que deu lugar ó xurdimento de movementos políticos nacionalistas e líderes como Phan Boi Chau, Phan Chu Trinh, o Emperador Ham Nghi e Ho Chi Minh. Os franceses mantiveron o dominio das súas colonias ata a segunda guerra mundial, cando os xaponeses invadiron a Península Indochina. Os recursos naturais de Vietnam foron explotados polo Xapón para as súas campañas militares en Myanmar, Malaisia e a India.
Nos últimos anos da guerra, o movemento nacionalista de Ho Chi Minh desafiou ós franceses. Despois da derrota do Xapón, as forzas nacionalistas de Indochina enfrontáronse a Francia no que se chamou a primeira guerra de Indochina (1945 - 1954). Os franceses foron derrotados e fixeron unha retirada das súas colonias. Porén, os países que combateran nesta primeira Guerra de Vietnam, dividiron o país polo paralelo 17 en Vietnam do Norte e Vietnam do Sur.
Política Vietnam é unha república socialista. O dereito de voto é dado aos cidadáns de máis de 18 anos. O presidente é o xefe do estado, mentres que o primeiro ministro é o xefe do goberno. O presidente é nomeado polo parlamento. Nguyễn Phú Trọng é o presidente de Vietnam desde o ano 2016.
O sistema xudicial baséase sobre o dereito francés e sobre as teorías comunistas. O poder lexislativo é exercido por unha soa cámara composta de 450 asentos renovados cada 5 anos.
Vietnam é membro da ASEAN (Asociación das Nacións de Asia do sueste).
Linguas Vietnam ten unha gran diversidade lingüística, pois ten 55 linguas, repartidas en 6 a 7 grupos etnolingüísticos. A lingua oficial é o vietnamita, que se escribe con caracteres latinos. O vietnamita é unha das poucas linguas de Extremo Oriente que pasou dun sistema ideográfico (próximo á grafía chinesa) ao alfabeto latino. A utilización desta transcrición latina está en vigor no ensino dende 1918 e oficialízase a partir da independencia.
Provincias Vietnam está dividido en 58 provincias (tinh) e 5 municipalidades controladas polo goberno central ao mesmo nivel que as provincias (thành phố trực thuộc trung ương).
As provincias divídense en distritos (huyện), cidades provinciais (thành phố trực thuộc tỉnh), e cidades (thị xã), que se subdividen en cidades (thị trấn) ou concellos (xã). miniatura|250px|Provincias de Vietnam miniatura|250px|Teito vietnamita.