A ponte Lubiáns está situada sobre o río Rosende, entre as parroquia de Oca (concello de Coristanco) e a de Carballo (concello de Carballo).

Características Tamén coñecida como Ponte Vella, é de orixe romana (un altar dedicado ao deus Cosus, protector das colleitas do agro, lembra a súa orixe), mais foi reformada na Idade Media. Está formada por catro arcos asimétricos e atravesada por un tallamar triangular na parte central. Ten unha lonxitude de 40 metros, con 2,60 m de ancho, e unha altura máxima de 5,40 m.

É un resto conservado da antiga vía romana per loca marítima que, vindo de Grandimirum (Brandomil, no concello de Zas) atravesaba a parroquia de San Martiño de Oca para continuar polo concello de Carballo ata Brigantium, hoxe cidade da Coruña.

Aparece xunto coa Torre de Nogueira no escudo do concello de Coristanco.

Notas

Véxase tamén Bibliografía (2001): La vía Per Loca Marítima: un estudio sobre vías romanas en la mitad noroccidental de Galicia.

Ligazóns externas Ponte Lubiáns , na páxina do Concello de Coristanco.

Categoría:Coristanco Categoría:Carballo Lubians