Gloucester Rugby é un equipo profesional de rugby da cidade de Gloucester, no Oeste de Inglaterra. Compite na Aviva Premiership, así como na Copa Anglo-Galesa e nas competicións europeas (Copa de Campións Europea de Rugby ou European Rugby Challenge Cup).
O equipo xoga os seus partidos como local no estadio do distrito de Kingsholm. O club non ten ningún alcume oficial, mais adoitan referirse a eles como 'Cherry and Whites'.
Os maiores rivais do Gloucester Rugby son o Bath, Worcester e Bristol, denominándose os partidos entre os catro como 'west country derbies'. O club foi fundado en 1873.
Palmarés Competicións nacionais O Gloucester Rugby é un dos equipos clásicos do rugby inglés, e forma parte do grupiño de equipos que nunca descenderon da máxima categoría, xunto con Leicester Tigers, Bath Rugby e London Wasps. No campionato de liga acadou 4 subcampionatos, mesmo a pesar de rematar 3 veces primeiro na táboa clasificatoria tralo remate da tempada regular. Na competición copeira foi o primeiro campión que tivo o torneo, e acadou outros 4 títulos nos seguintes anos. CompeticiónTítulos2016151413121110 09 080706050403020100999897969594939291908988 Liga inglesa3 99593761156413731066878546225 CompeticiónTítulos20161514131211100908070605040302010099989796959493929190898887868584838281807978777675747372 Copa inglesa5 FC CFF C F C C C Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión. Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.
Competicións continentais Gloucester Rugby é un clásico das competicións europeas, máis da Heineken Cup que da Challenge Cup. O único título europeo no palmarés do club é a Challenge Cup que gañou na tempada 2005-06, batendo na final a London Irish. CompeticiónTítulos2016151413121110 09 08070605040302010099989796 Copa de Campións Europea de Rugby 15px Copa de Europa 0 g g gg¼g g¼g ½ CompeticiónTítulos2016151413121110 09 080706050403020100999897 20px European Rugby Challenge Cup 15px Challenge Cup 2 - C¼ g C ½ g ¼g C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.
Tempada actual
Véxase tamén Ligazóns externas 28px Páxina oficial de Gloucester Rugby Páxina oficial da Premiership
Categoría:Equipos de rugby de Inglaterra