miniatura|esquerda|250px|Galatea dentro do feble arco do anel preto de Neptuno. Galatea (ou en grego Γαλάτεια), tamén coñecida coma Neptuno VI, é o cuarto satélite máis próximo a Neptuno. Foi máis tarde nomeada Galatea, unha das Nereidas da mitoloxía grega.

Galatea foi descuberta a finais de xullo do 1989 a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. Déuselle a designación temporal de S/1989 N 4.IAUC circular 4824 O descubrimento foi anunciado (IAUC 4824) o 2 de agosto do 1989, pero o texto só fala de "10 fotogramas tomados en 5 días", resultando así que o descubrimento fora uns cantos días antes do 28 de xullo. O nome foille outorgado o 16 de setembro do 1991.

Galatea amosa unha forma irregular e non amosa signos de modificacións xeolóxicas. É máis coma unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial.

A órbita de Galatea está por debaixo do radio da órbita sincrónica de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando un anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa.

Galatea parece ser unha lúa pastor para o anel de Adam que está a 1000 km cara a fóra respecto da órbita da lúa. As resonancias con Galatea nunha taxa de 42:43 son consideradas coma o mecanismo máis probable de confinamento dos particulares arcos de anel que existen neste anel. A masa de Galatea foi estimada a partir das perturbacións que esta crea no anel.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Neptuno

Ligazóns externas Galatea Profile by NASA's Solar System Exploration Neptune's Known Satellites (by Scott S. Sheppard)

Categoría:Lúas de Neptuno