Unha das características do Antigo Exipto é a súa senlleira arte, con obras monumentais que xeralmente tiñan carácter simbólico, funerario ou relixioso.

Malia ser moderno o concepto de "arte", é perfectamente utilizable na arquitectura, escultura, pintura e xoiaría exipcias, xa que moitas das súas realizacións son auténticas obras de arte e non sinxelos traballos de artesanía.

Grazas ao seco clima de Exipto e ao ser soterradas pola area do deserto (ou polos seus propietarios, para gozar delas na "outra vida") chegaron ata o día de hoxe en aceptable estado de conservación multitude de auténticas obras de arte, a pesar da utilización dos monumentos como canteiras, as guerras ou os innumerables saqueos de tumbas e templos.

dereita|miniatura|150px|Paleta de Narmer Reprodución do Museo Real de Ontario

Primeiras manifestacións As expresións artísticas exipcias máis antigas clasifícanse nas seguintes etapas: Período Neolítico (5300-4000 a. C.), período Badariense (4400-4000 a. C.), Nagada I - Amratiense (4000-3500 a. C.), Nagada II - Gerzeense (3500-3200 a. C.) e Nagada III (3200-3000 a. C.)

Nestes períodos predomina a pintura decorativa (en cerámicas) ou simbólica (en tumbas) e pequenos obxectos de carácter utilitario e máxico. Destacan as vasillas de pedra, as "mazas" e "paletas" votivas, como a de Narmer.

Período Dinástico (c. 3000 a 30 a. C.)

Asombra a perfección, delicadeza e monumentalidade da arte exipcia, cun estilo característico que xorde nos primeiros séculos e permanece case inalterado en tres milenios de cultura.

Pintura e baixorrelevos dereita|miniatura|150px|Baixorrelevo, Louvre

Caracterízase principalmente por presentar figuras xustapostas en planos superpostos. As imaxes represéntanse con criterio xerárquico, por exemplo: o faraón ten un tamaño máis grande cós súbditos ou os inimigos que están ao seu carón.

Predominaba o "canon de perfil" que consiste en representar a cabeza e as extremidades de perfil mais os ombreiros e os ollos de fronte. As pinturas atópanse en papiros e paredes de tumbas, os baixorrelevos principalmente nos muros dos templos. As escenas máis típicas eran as da vida cotiá ou as do "Alén". Véxase: Pintura do antigo Exipto

Escultura

Comeza a representarse a faraóns e deuses xa nas primeiras dinastías, acadándose durante a cuarta dinastía o dominio absoluto da técnica en elegantes representacións de porte maxestosa con acabados puídos en materiais tan duros coma o granito ou a diorita. Predominaba a "lei da frontalidade", que consistía en concibir as figuras de reis e deuses para ser vistas de fronte, idealizadas e con forte simetría. As representacións dos cortesáns sempre eran máis reais. Tamén, no período de Amarna representouse á familia real de forma máis realista. Véxase: Escultura exipcia

Arquitectura dereita|miniatura|150px|Pirámide de Xafra A arquitectura relixiosa exipcia caracterízase pola súa monumentalidade a partir do Imperio Antigo, co emprego de pedra, en grandes bloques, sistema construtivo alintelado e sólidas columnas. Na arquitectura civil empregouse profusamente o adobe en vivendas, palacios, fortalezas e murallas, perdurando escasos restos.

Xorde nunha sociedade cun poder político fortemente centralizado e xerarquizado, cunha concepción relixiosa de inmortalidade, ao principio só do faraón, que debía reflectir coa súa magnificencia e durabilidade.

Conséguese grazas aos coñecementos matemáticos e técnicos, ás veces desconcertantes para a época, a existencia de artistas e artesáns moi experimentados, ben organizados e a abondosidade de pedra doadamente tallable.

As construcións máis orixinais da arquitectura exipcia monumental son os "complexos das pirámides", os templos e as tumbas (mastabas e hipoxeos)

Véxase: Arquitectura do Antigo Exipto

Imperio Antigo (c. 2700-2200 a. C.) miniatura|150px|O escriba sentado, Museo do Louvre. Neste período comézase a erixir enormes edificacións, construídas con grandes bloques de pedra tallada. É a época da construción de inmensas pirámides, templos cerimoniais e belas esculturas.

Durante a Dinastía III eríxese: A Pirámide de Zoser en Saqqara Na Dinastía IV constrúense as maiores pirámides. Destacan: As tres pirámides de Snefru en Meidum e Dahshur. A Gran Pirámide de Xufu (Queops) en Gizeh. A pirámide de Xafra (Kefren) en Gizeh. A pirámide de Menkaura (Micerino) en Gizeh.

miniatura|150px|Amenemhat III

Imperio Medio (c. 2040-1795 a. C.)

Constrúense pirámides con materiais máis perecedoiros (adobe). Os hipoxeos van substituíndo ás mastabas como tumbas.

A escultura caracterizouse por un maior realismo, sobre todo nos retratos. A realeza era representada como personalidades de alto rango, mais sen chegar a ser xa a imaxe dun deus na Terra, como acontecía no Imperio Antigo. Este mesmo criterio seguiuno a nobreza exipcia. Nos templos prodigouse o baixorrelevo polícromo. A pintura foi empregada profusamente na decoración de tumbas.

A literatura exipcia acado o seu cenit coa Historia de Sinuhé e os Textos dos Sarcófagos.

Imperio Novo (c. 1570-1070 a. C.)

Saliéntase a construción de templos e hipoxeos. Entre eles destacan: Gran Templo de Amón en Karnak Templo de Luxor. (Amenhotep III / Ramsés II) Templo de Hatshepsut en Deir El-Bahari Templos de Ramsés II en Abú Simbel Hipoxeos do Val dos Reis

dereita|miniatura|150px|Tríade de Osorkon II, Dinastía XXII

Período Tardío (c. 672-332 a. C.)

Durante a dinastía saíta imítanse os modelos do Imperio Antigo, xeneralizándose o emprego de bronce nas estatuas. Desenvolveuse axiña o demótico.

Os reis persas da primeira dominación respectaron os costumes exipcios, impulsando a restauración dalgúns templos exipcios. As linguas empregadas foron o demótico e o arameo, usándose os xeroglíficos só en elementos de arquitectura.

dereita|miniatura|150px|Retrato. O Fayum

Dominación greco-romana (332-30 a. C.)

Dende o final do Imperio Novo os exipcios foron gobernados nalgúns períodos por reis doutras nacións pero mantiveron a súa cultura e costumes artísticos até a época de dominación romana.

Durante o período tolemaico produciuse un gran desenvolvo da arte, construíronse novos templos, o Museo e a Biblioteca de Alexandría, e o Faro de Alexandría. Produciuse a helenización das formas na escultura.

Manetón escribiu o seu libro sobre a historia de Exipto.

Destacan os templos erixidos ou completados durante a dinastía tolemaica Templo de Jnum en Esna. Templo de Horus en Edfu. Templo de Sobek e Haroeris en Ombos. Templo de Isis en . Templo de Hator en Dendera.

Véxase tamén

Bibliografía Aldred, Cyril: 1993 El Arte Egipcio. Destino. Barcelona Baines, John & Malek, Jaromir: 1988 Egipto, dioses, templos y faraones. Círculo de Lectores. Barcelona Desroches Noblecourt, Christiane: 1967 El arte egipcio. Plaza y Janés. Barcelona Donadoni, Sergio: 2001 El arte Egipcio. Istmo. Madrid James, T. G. H.: 1999 La pintura Egipcia. Akal. Madrid Manniche, Lise.: 1997 El arte Egipcio. Alianza. Madrid Michalowski, K.: 1977 Egipto, arte y civilización. Gustavo Gili, Barcelona Wildung, Dietrich: 2001 Egipto. De la prehistoria a los Romanos. Taschen. Köln Wilkinson, Richard. H.: 2002 Los Templos del Antiguo Egipto. Destino. Barcelona Wilkinson, Richard. H.: 1995 Cómo leer el arte egipcio. Crítica. Barcelona

Ligazóns externas Arte en el Antiguo Egipto F.J.Martín Valentín Contexto histórico del Antiguo Egipto La estética en el antiguo Egipto M.M.Cama Gual

Categoría:Arte da Idade Antiga