Narita (成田市, なりたし, Narita-shi) é un concello da prefectura de Chiba no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kantō e ao norte da prefectura, na zona da provincia histórica de Shimōsa, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 213,84 km², a poboación é de 127.428 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 596 h/km².

O concello de Narita limita cos concellos de Sakae, Motono, Inba, Shisui, Tomisato, Shibayama, Tako, Katori, Kōzaki (que son da prefectura de Chiba); e Kawachi (este último é da prefectura de Ibaraki).

O aeroporto internacional de Narita, o máis importante do Xapón, localízase na cidade de Narita.

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Narita . Sitio web oficial da cidade de Narita .

Categoría:Prefectura de Chiba Categoría:Concellos do Xapón