Anthony "Tony" Allen, nado o 11 de xaneiro de 1982 en Chicago, Illinois, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto.
Traxectoria Foi seleccionado polos Celtics na posición 25 do Draft da NBA de 2004. Na súa primeira tempada na liga, foi seleccionado para disputar o partido Rookies vs. Sophomores durante a fin de semana do All-Star, xunto ao seu compañeiro de equipo Al Jefferson. Ese ano, promediou 6.4 puntos e 2.9 rebotes por partido.
En xaneiro de 2007 tivo unha grave lesión no ligamento cruzado anterior que lle fixo perder gran parte da tempada.sports.ign.com Tony Allen Interview , consultado setembro de 2008 Tras gañar o anel de campión cos Celtics en 2008, en xullo dese mesmo ano foi renovado polo club por dúas tempadas máis, por cinco millóns de dólares.Celtics rebound, re-sign Allen, House, consultado setembro de 2008 En xullo de 2010 Allen asinou un contrato por tres anos cos Memphis Grizzlies.
O 1 de febreiro de 2018, Allen foi traspasado xunto a Ömer Aşık, Jameer Nelson e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018 ós Chicago Bulls, a cambio de Nikola Mirotić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018. Ademais, os Bulls terán o dereito a intercambiar eleccións de segunda rolda do Draft de 2021 cos Pelicans.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana